GMH/ÍNDICE A-Z

1136
1460, abril, 23. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó arcediago de Dozón e a tres voces o lugar e o casal de Vilardón na freguesía de San Xulián de Bocamaos, por renda anual de 24 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, fs. 19 v.- 20 r.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 20.   

Sabam quantos esta carta de foron (sic) viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde suben a os orgoos veendo et entendendo que he proveyto da dita iglesia et benefiçiados dela, aforamos et damos aforo et averbo a vos Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon, noso conpaneyro, por en toda vosa vida et a outras tres personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos beens de dereyto ou a mayor parte deles, et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et asi por semellante via de grado en grado subçesive fasta a postremeyra persona. Conben a saber que vos aforamos o casal et lugar de Vilardoen con todas suas herdades et casas et casares et pastos et prados et montes et fontes et arvoles, rio et caneyros et pesqueyras et termino, o qual he et perteesçe a os aniversarios da dita iglesia, o qual iaz et he syto et locado sub signo de San Jullao de Bocamaos, o qual vos aforamos a montes et a fontes por donde quer que vaa sub o dito signo, ou sub outro qualquer. Et avedes de dar et pagar vos et as ditas personas a o rendeyro dos ditos aniversarios, que for en a dita iglesia de Lugo, en cada un ano veynte et quatro maravedis de longos, et por dia de Sant Martino de novembro, et avedes a faser as ditas casas do dito lugar, aquellas que soyan estar feytas, et cobrirlas, et labrar et sacar de monte as herdades do dito lugar et teer as casas cubertas et as herdades labradas et reparadas et en boo paramento; et con tal condiçion que cada huna das ditas personas que subçeder en o dito foro que vena mostrar ante nos como he persona do dito foro do dia que en el subçeder por persona fasta treynta dias primeyros seguentes, sub pena de perder o dito foro; et a finamento da postremeyra persona que o dito lugar et casal fique libre et quito et desenbargado et as casas feytas et corregidas et as herdades labradas a nos et a a dita iglesia et aniversarios dela con todos los outros boos paramentos que en el fore feytos.

Et eu, o dito arçediano, que presente estou asy resçebo o dito foro para min et para as ditas personas, et obligo a min et a todos meus beens et dos ditos meus desçendentes de pagar os ditos veynte et quatro maravedis de longos, en cada un ano, a o rendeyro dos ditos aniversarios da dita iglesia. Et nos, as ditas personas et benefiçiados da dita iglesia, asy vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos delo duas cartas de foro anbas feytas en un thenor huna para vos, o dito arçediano, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo dentro en a dita iglesia de Santa Maria, a veynte et tres dias do mes de abril, an o do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron este dito foro: don Afonso Martines de Galdo, chantre; et don Gonçalvo Rodrigues de Pigara, arçediano de Triacastela; et don Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Pedro Afonso, et Rodrigo Afonso, et Gomes Vasques de Paramo, et Diego Ferrnandes de Luases, et Diego Vasques, et Lopo Garçia, et Juan Ares de Parrega, et Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Ferrnandes de Mera, canonigos et benefiçiados da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Meendes de Foriis, canonigo da dita iglesia de Lugo notario publico por las auctoridades apostolical et ordenaria, a todo o susodito en hun con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro aqui fis escripvir seendo ocupado et en el puje meu signo et nome acostumado que tal he en testemoyo de verdade, rogado et requerido.