GMH/ÍNDICE A-Z

1210
1472, xaneiro, 27. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Afonso, clérigo do coro, e a tres voces máis unhas casas e horta por renda anual de quince marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 44 r.

Sepam quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolameu chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de costume, con consintimento et octorgamento de Roy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, aforamos et damos aforo et avervo a vos Pedro Afonso de Maçaaos, clerigo do coro da dita yglesia de Lugo, que estades presente, et a outras tres personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et asi as outras suçesebelemente. Conben a saber que vos aforamos as casas et orta que de nos tevo en foro Afonso Ferrnandes de Teyxeyro, clerigo que foy do coro da dita iglesia, et despoys seu fillo, Juan de Vaamonde. O qual foro das ditas casas con sua orta et con todas suas pertenençias et dereyturas vos aforamos con taes condiçoes et non se elas: que as personas que despoys de vos suçederen en este dito foro que seian clerigos que moren et vivan en esta çiudade de Lugo, et demays que vos et as taes personas que dedes et paguedes de foro et de pension, cada ano, por dia de San Martino de nobenbro a o rendeyro que for dos ditos aniversarios quinse maravedis de longos, et que tenades as ditas casas vos et as ditas personas cubertas et ben reparadas, et cada persona que despoys de vos suçeder en este dito foro que seia tiuda et obligada de se viir mostrar ante o dito cabildo como he persona do dia que en el suçeder por persona fasta treynta dias primeyros seguentes, so pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto pergan o dito foro; et a finamento da postremeyra persona que as ditas casas fiquen cubertas et ben reparadas a dita iglesia, cuias son, con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Pedro Afonso, que presente estou asi resçebo en foro para min et para as ditas personas as ditas casas con sua orta et pertenençias, et obligo a mi et a meus beens et das ditas personas de o complir et atender et pagar todo asi segundo arriba se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo octorgamos, et porque seia çerto outorgamos delo duas cartas de foro anbas en un thenor una para vos, o dito Pedro Afonso, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo, et a vosa mandamosla seelar con o selo do dito cabildo.

Que foy feyto et pasou en o dito lugar, a veynte et sete dias do mes de janeyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron este dito foro: Juan Afonso, chantre; et Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; et Rodrigo Afonso da Rigeyra, et Juan Ares de Parga, et Pedro de Mera, et Ruy Dias de Freyxo, et Afonso Martiis de Galdo, canonigos, capitulantes; et Alvaro de San Julaao, et o dito Roy Lopes de Teyxeyro, et Rodrigo Ares de Vaticalas, et Diego de Cospeyto, canonigos de aniversarios.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy et esta carta de foro, segundo ante mi pasou et foy outorgada, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvr, et en meu registro et protocolo hasentey et por ende fis aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.