GMH/ÍNDICE A-Z

963
1418, decembro, 16. Lugo

O Cabido de Lugo acorda reduci-la cantidade que Roi López paga por un aniversario recibindo a cambio o casal dos González na freguesía de San Román.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 133 v.- 134 r.


       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et oyto anos, dia esta feyra, des et seys dias do mes de desenbre. En a çiudade de Lugo dentro en a iglesia cathedral de Santa Maria da dita çiudade de Lugo seendo y o dean et chantre et persoas et benefiçiados do cabidoo da dita iglesia juntados en seu cabidoo por campaa tangida, segundo que an de uso et de custume, avendo primeyramente para esto adeante conteudo seu consello et deliberaçon, et estando y presente Roy Lopes de Lema, escudeyro do senor arçebispo de Santiago, por nome de sy et de sua muller, Maria Gonçalves, por la qual o dito Roy Lopes de Lema obligou sy et a todos seus bees que ela oubese por firme et estavelle et comprise et atendese o que el por sy et en nome dela fezese et outorgase, que aqui sera nomeado en presença de min notario et testemoyas iuso escriptas. Logo enton o dito dean et persoas coengos et benefiçiados da dita iglesia de Lugo diseron que por rason que o dito Roy Lopes agora tina et usava et posoya o lugar et paaço de Riaçoo, que he en a fregresia de San Romao de Aveancos, con seus casares et casas et herdades et arvores et montes et prados et pascos et vinas et ortas et entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, que eran suas et da dita iglesia de Lugo, que foran do arçidiago de Mayorga, don Lopo Afonso, que son en a fregrisia de San Romao de Aveancos, et o dito Roy Lopes ora tina et usava, por las quaes avia de pagar cada ano çen maravedis para hun anyversario que se en cada hun ano desya en a dita iglesia de Lugo por los ditos bees por la alma do cardenal don Guyllen, a çinquo dias de mayo en cada hun ano, segundo foro estabelesçido et ordenado, et por quanto o dito Roy Lopes por maneyra de suçeson usava et posoya o dito paaço et casares et lugares sobreditos por la dita iglesia de Lugo, et avia de pagar os ditos çen maravedis para o dito anyversario de cada hun ano, et eles eran çertos que os ditos bees et paaço et casares et herdades estavan derramados et destruydos et non en boo paramento, et que o dito Roy Lopes non avia en eles porque pagar os ditos çen maravedis de cada ano para o dito anyversario, que por ende et porque o dito Roy Lopes reparase ben o dito paaço et casares et herdades et bees et tirase et fesese tirar de monte as herdades que en el iasian, por ende por lle faseren amor et graça a o dito Roy Lopes et Maria Gonçalves, sua muller, que queria et outorgava et outorgaron que os ditos Roy Lopes et Maria Gonçalves, sua muller, que lles desen et pagasen en suas vidas dos ditos Roy Lopes et Maria Gonçalves para o dito anyversario seseenta maravedis en cada hun ano et non mays, et que lles llos desen et pagasen en cada hun ano en salvo en a çiudade de Lugo por dia de kalendas mayas / sen eyçepçon et contradiçon algua, et para esto que tevesen o dito paaço et casares et herdades et bees rayses lavradas et ben reparadas et tirasen et fezesen tirar de monte as herdades que en el iasyan. Et a finamento do pustrumeyro deles que aquel que erdase et suçedese en os ditos paaço et casares et herdades et vinas et ortas et montes et prados et bees rayses que fose teudo et obligado de viir mostrar a o dito cabidoo como era suçesor et herdeyro en os ditos bees do dia que en en (sic)  eles suçedese et ficasen herdeyros ata triinta dias primeyros seguente, sub pena de perder o dito paaço et casares et herdades et arvores et ortas et prados et soutos et bees sobreditos. Et outrosy que aquel que suçedese en os ditos bees a a morte do pustrumeyro dos ditos Roy Lopes et Maria Gonçalves, sua muller, que fose teudo et obligado de dar et pagar a a dita iglesia de Lugo çen maravedis para o dito anyversario, segundo foran mandados et outorgados por lo dito arçidiago para o dito anyversario do dito cardenal. Et eso meesmo non pagando os ditos Roy Lopes et sua muller, ou algun delles, esta penson dos ditos seseenta maravedis, a o dito cabidoo, a o dito praso et termyno aqui conteudo por espaço de hun ano, que perdesen os ditos bees et paaço et suçeson deles por ese meesmo feyto.

Et o dito Roy Lopes que presente estava por sy et por la dita sua muller asy reçebeu esta dita graça et merçed que lle o dito dean et cabidoo fasia dos ditos paaço et casares et bees sobreditos por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a sy et a todos seus bees de comprir et atender todo esto en esta carta contiudo et de o faser outorgar et guardar a a dita Maria Gonçalves, sua muller. Et demays por este ben et graça que reçebia da dita iglesia de Lugo et benefiçiados dela deu logo et outorgou a a dita iglesia de Lugo por jur de herdade para senpre jamays en maneyra de enprazamento, o seu lugar et casal chamado dos Gonçalves, que he seu et da dita sua muller, que he en a fregrisia de San Romao con todas suas herdades et casas et arvores et formaes et montes et prados et pascos et entradas et saydas con tal condiçon que el et a dita sua muller tevesen et usasen o dito casal et lugar con o dito paaço et herdamentos et bees en sua vida delles et de cada hun delles, a o finamento do pustrimeyro deles que o dito casal et lugar que davan a a dita iglesia de Lugo ficase livre et quito et desenbargado a a dita iglesia de Lugo sen enbargo delles et de sua vos. Et o dito dean et cabidoo diseron que asy reçebian o dito lugar et casal para a dita iglesia, et lle fasian a el et a a dita sua muller o dito amor et graça para que en suas vidas non pagasen mays por los ditos bees et casal, eso meesmo que lles davan os ditos seseenta maravedis cada ano por lo dito dia de kallendas mayas. Et desto en como pasou as ditas partes mandaron a myn notario iuso escripto que fesese desto duas cartas anbas feytas en hun tenor huna para o dito, Roy Lopes, et sua muller et a outra que a lançase en o livro do dito cabidoo, anbas feytas en hun tenor et as signase de meu signal, et por mayor firmedue mandaron seelar a carta do dito Roy Lopes con o seelo do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, era et dias e mes susoditos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que dito he: don Juan Martines, dean et vigario da iglesia et obispado de Lugo; don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Rodrigo Afonso, juys; don Lopo Dias, mestrescola; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Rodrigo Ares, Fernan Rodrigues, Fernan Peres, Juan Diaz, Nuno Gonçalves, Afonso Martines, coengos; Pedro Fernandes, Fernan Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Afonso Rodrigues, Roy Ferrnandes, raçoeyros; Afonso Pallim, Fernan das Cortinas, Fernan Yanes, Rodrigo Afonso, Estevo Eanes, coengos d’aniversario, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et este publico instromento fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes.

Materias

administración; aniversario; árbore; arcebispo; arcediago; beneficiado; cabido; campá; canon foral; cardeal; casas; casas; catedral; chantre; cóengo; construción; deán; dignidades; doazón; escudeiro; esposa; esposo; familia; horta; labores; Libro do Cabido; marabedí; mesa capitular; mestrescola; montes; muller; notario; pasto; pazo; racioneiro; selo; vigairo; viña; xuíz; acordo

Persoas

Afonso López, chantre de Lugo; Afonso Martínez, cóengo de Lugo; Afonso Pérez Pallín, racioneiro de Lugo; Afonso Rodríguez, racioneiro de Lugo; Afonso Teixeiro, cóengo de Lugo; Diego Álvarez, arcediago de Neira; Estevo Eáns, racioneiro de Lugo; Fernando Eáns das Cortiñas, racioneiro de Lugo; Fernando Eáns, racioneiro de Lugo; Fernando Fernández, racioneiro de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Fernando Rodríguez das Camoiras, cóengo de Lugo; Fernando Rodríguez, racioneiro de Lugo; Guillen, cardeal; Lopo Afonso, arcediago de Maiorga; Lopo Díaz de Freixo, mestrescola; Lopo Fernández, cóengo de Lugo; María González; Nuno González, cóengo de Lugo; Pedro Fernández das Camoiras, racioneiro de Lugo; Pedro Fernández de Silvarrei, notario; Pedro López, cóengo de Lugo; Roi Afonso, racioneiro de Lugo; Roi Afonso, xuíz; Roi Ares, cóengo de Lugo; Roi Fernández, racioneiro de Lugo; Xoán Díaz de Cordido, cóengo de Lugo; Xoán López, cóengo de Lugo; Xoán Martínez, deán de Lugo; Roi López de Lema, escudeiro

Outros

León, cabido; Lugo, cabido; Santiago de Compostela, arcebispado

Lugares

Cortiñas; Gonçalves, casal chamado dos; Lema; Mayorga, arcediagado; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Riazón; Santiago de Compostela; Silvarrei