GMH/ÍNDICE A-Z

738
1374, xuño, 25. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle ao chantre e a dúas voces un casal en Xián, freguesía de Santiago de Saamasas, por renda anual de 12 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 27v.

Era de mill et CCCC XII annos, viinte et çinquo dias de iunyo.

Estando enno coro da iglesia de Lugo o dayan et cabidoo dese lugar en presença de min Fernan Peres, notario publico de Lugo por lo senor obispo dese lugar, o dito dayan et cabidoo da dita iglesia deron afforo a don Gonçalvo Yanes, chantre da dita iglesia, que era presente, o seu casal, que he dos aniversarios, que he en Gian sub signo de Santiago de Samasa, et a duas personas depus del, por dose moravedis cada hun anno desta moneda que ora corre, a oyto soldos o moravedi, et deron por nihun o vervo que a este chantre fora dado do dito casal d’ante deste por rason dos dous maravedis que o dito chantre eadera en este foro sobrelos des maravedis contiudos enno primeiro foro, por sy et por las ditas persoas, segundo que mays compridamente era contiudo enno pustrimeyro foro destos que o dito chantre mandou dar signado con meu signal. Et porque esto he çerto et verdade eu o dito Fernando Peres, notario, puge aqui meu nome con minna mao.

Testemoyas: don Ruy Ferrnandes, dayan de Lugo; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra, don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Diego Gomes, thesoreyro; Arias Peres, Arias Fernandes, Tomas Gonçalves, coengos; Afonso Ferrnandes, Iacome Ferrnandes [...] Yanes, raçoeyros da dita iglesia, et Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo. Fernan Peres notario.