GMH/ÍNDICE A-Z

465
1393, abril, 14
foro

Os clérigos do coro afóranlle a perpetuidade a Martín Domínguez un terreo de cortiña e viña detrás de San Lázaro por 5 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 56

Sabean quantos esta carta viren que nos Fernan Rodrigues capellan da capella de Santa Oufemea e Roy Lourenço e Gonçalvo Oureiro dobreiros da igleia d’Ourense e Johan Fernandes e Gonçalvo de Pereyras capellaans da egleia da Triindade et Fernan Anes clerigo da igleia de Santa Crus de Raveeda e procurador de Iohan Anes capellan da dita capella de Santa Ouffemea et Afonso Peres e Johan de Canbeo e Johan Martines e Garçia Gonçalves moordomo dos clerigos do coro da dita igleia d’Ourense et Johan de Souto et Martin Anes procurador da hunyversydade dos ditos clerigos do coro en nome e por nome da dita hunyversydade, damos e outorgamos a foro a vos Martin Domingues morador en Ourense sobriño de Ouffemea Anes moller de Johan Lourenço da Barreira moradores en Ourense et a todas vosas voses para senpre huun terreo de cortyna e viña que aa dita hunyversydade perteençe que está açerca d’Ourense atras San Lazaro, o qual demarca da huna parte con cortyna dos omes boons da casa de San Lazaro et da outra con viña que agora ten e lavra Gil da Corredoyra et en çima entesta na congosta por que andan os foreiros e herdeiros das viñas do dito lugar. Aforamos vos a dita cortyna con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que chantedes e entrechantedes a dita cortyna cada hu feser mester et a lavredes e paredes ben commo non defalesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes de foro de cadauun anno çinqo livras de diñeiros brancos da moeda que corre, a viinte soldos por livra ou a estimaçon delles na moeda que correr e pagardeslos en cadauun anno por dia de San Martiño de novenbro en esta guisa, as quatro livras aa dita hunyversydade ou a seu moordomo et huna livra a min dito Fernan Rodrigues e a minas voses et disemo a deus livre e quite de todo outro enbargo. Et he posto que non nos pagando vos ou vosa vos as ditas livras en cadauun anno ao dito dia que nos por noso moordomo ou procurador posamos penorar por nosa outoridade a vos e a vosas voses por as ditas quatro livras, et eu o dito Fernan Rodrigues e minas voses por a dita livra. Et obligamos os beens da dita hunyversidade para que vos Martin Domingues e vosas voses seiades defesos e anparados a dereito con a dita cortyna que vos aforamos commo dito he. Et eu o dito Martin Domingues por min e por todas miñas voses assy reçebo de vos os ditos clerigos do coro o dito terreo de cortyna e de viña aforado porla maneira e condiçoens sobre ditas et para chantar e entrechantar de viña cada hu fezer mester et lavrar e parar ben et para pagar de cadauun anno as ditas çinqo livras, as quatro aa dita hunyversydade et a huna livra a vos dito Fernan Rodrigues e a vosas voses o dito dia et conprir e agardar as condiçoons desta carta e cadauna dellas obligo a vos todos meus beens gaanados e por gaañar. Et he posto entre nos as partes que a parte de nos que contra esta carta pasar e a non conprir e agardar que peyte aa outra parte que a conprir e agardar por nome de pena çen mor. da dita moeda et a penna pagada ou non esta carta e aforamento valla e fique firme para senpre. Feyta a carta en Ourense, quatorse dias do mes dabril, anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e tres annos. Tests. que presentes foron Diego Lopes carpenteiro, meestre Jufreu fisico e outros.

Et eu Afonso Anes notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar a esto que sobre dito he presente fuy e o escrivy e aqui meu nome e signal fige en test. de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Carta da viña que está tras La Sant Lazaro.