GMH/ÍNDICE A-Z

A13
1379, novembro
Martiño Rodríguez de Paradela, escudeiro, afora a Xoán Fernández e a súa muller varios leiros, con condición de poñer viña, por cuarta de viño e composta. (fol. 8-8v)
Era de mill e quatroçentos e des e sete annos (...) dias do mes de novenbro. Sabean quantos (...) que eu Martiño Rodrigues de Paradella escudeiro (...) morador em Pol (...) (fol. 8)
(...) vos que o chantedes de vyña em estes II annos primeiros sygentes e que me dedes dela a quarta parte do vyño e conposta que deus y der, por meu omen enna vyña (...) averedello disemo a deus e livre e quite de todo outro enbargo e obrigo todos meus bees para vos anparar a dereyto con esto que vos afforo. Et eu o dito Joan Fernandes que soon presente por min et por la dita miña que non he presente por min et por la dita miña moller que non he asy presente, asy recebo de vos o dito Martin Rodrigues os ditos leiros aforados porla maneira et condiçoens sobre ditas et para os lavrar et parar (et pag)* et para os chantar de viña obrigo a vos todolos meus beens movilles et reises, gaañados et por gaañar. Posto foy et outorgado entre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto pasar et o non conprir et agardar que peyte aa outra parte que o conprir et agardar et en ello quiser estar por pena L mrs. de dños. brancos et aa vos del rey outros tantos et a pena pagada ou non, esta carta et ho conteudo en ella (fi)que firme et valla enno dito tenpo. Feita a carta en Pol os dias et era et mes sobre ditos. (fol. 8v)