GMH/ÍNDICE A-Z

223
1335, maio, 15
foro

Xoán Pérez de Novoa afóralle a Lopo Rodríguez o seu pazo e cortiña en Vilarchao por terza.

ACOu, Escrituras XII, 41

Era de mill e ccclxxiii anos. Sabean quantos esta carta vyren como eu Johan Perez de Novoa fillo de Nuno Gonçalvez que foy, dou e aforo a vos Lopo Rodriguez fillo de Rodrigo Ares cavaleiro que foy de Sabadelle, o meu paaço e a cortiña que eu tenho u chaman Vylarchao, que está en tera d’Aguiar para senpre, o qual paaço e cortiña foy de Fernan Feigoo, a qual cortiña parte da huna parte conna cortiña de Silvella e da outra parte topa no paaço commo vay çercada de muro ata as casas de fondo. Esta dita cortiña vos aforo por tal condiçon que a lavredes e a apostedes ben e que dedes della terça daquello que deus y der a nos ou a nosa voz por noso mordomo en paz e en salvo, e obrigo todos meus beens a vos anparar con esto todo para senpre. Feita a carta na era sobre dita enno paaço de dom Johan Perez, luens quinze dias de mayo. Tests. que presentes estavan Pero de Çide, Domingo Anes dito da Penna ome de Gonçalvo Anes de Velle, Pero de Montes ome de Joan Perez e outros.

Eu Johan Fernandes notario posto (por) Johan Moniz notario en tera de Montes e d’Espinoso e de Raval por Garçia Anes notario del rei en Limea e en (...) en mya presença esta carta fiz escrever e este seu signo y fiz que tal he en testemoyo de verdade.

(sinal)