GMH/ÍNDICE A-Z

116
1312, xaneiro, 23
Maior Rodríguez e o seu fillo dóanlle ao bispo de Lugo as súas propiedades no couto de Fonteita. Deseguido, o bispo entrégalles en usufruto o que doaron.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/17, orix. perg., galego, gótica cursiva, 235x310 mm.

Eno nome de Deus amen. Sabiam quantos esta carta virem commo eu Mayor Rodriguez, filla de Ruy Gomez de Bolanno et de donna Elvira Fernandez que foron, et eu Pedro Diaz, fillo da dita Mayor Rodriguez, fazemos tal enprazamento con vosco o muyto onrrado padre et sennor dom frey Johan por la gracia de Deus bispo de Lugo. Conven a saber que vos damos a vos et a vossos suçessores para senpre iamays, todo quanto herdamento igreiario et leygario Johan Rodrigues, yrmao de min Mayor Rodriguez, avia comprado et gaanado de meu yrmao et seu, Ruy Gomez de Lea, que fuy, en todo o couto de Fonteyta, et en seu termino. Et outrosy vos damos para senpre todo o herdamento con suas perteenças et dereyturas que eu Mayor Rodriguez sobredita ey gaanado et conprado de Iohan Perez do Barrio, fillo que fuy de Pedro Martines do Barrio et de Marina Iohanes, so signo de Santiago et de San Viçenço, que son enno couto de Fonteyta. Et des este dia endeante poemos nos et nossa voz fora do iur et possison et propiedade destes herdamentos sobreditos que vos damos et enprazamos et metemos a vos obispo sobredito logo enno iur et enna posison et propiedade delos. Et obligamos nos et todos nossos bees moviles et raizes gaanados et por gaanar hu quer que os aiamos, a fazer senpre de paz a vos et a vossos suçessores estes herdamentos sobreditos, et todo o outro herdamento igreigario et leygario que eu Mayor Rodriguez iadita ey vendudo a vos obispo sobredito enno dito couto de Fonteyta segundo se conten en huna carta feyta por Affonso Peres clerigo, et por Affonsso Peres de Sande, notarios de Lugo; que he por todo a sesta parte de todo o couto de Fonteyta, con todo o herdamento igreiario et leygario desse lugar, que y avya o sobredito Ruy Gomez meu padre a dias de sua morte. Et nos don frey Johan, obispo sobredito, por estes herdamentos iaditos que nos dades et enprazades damos a vos a dita Mayor Rodriguez que tennades de nos et en nosso nome et da nossa iglesia de Lugo, por en todos vossos dias, todo o herdamento que nos avedes vendudo et dado et enprazado enno couto de Fonteyta, a tan ben o que fuy de vosso padre Ruy Gomez commo o deste Iohan Peres de Barro iadito, segundo dito he. Et a a morte de vos Mayor Rodriguez que estes herdamentos sobreditos que os tennades vos Pedro Diaz por nos et en nosso nome et da nossa iglesia de Santa Maria de Lugo, por en toda vossa vida. Et a a morte do postremeyro de vos que todos estes herdamentos sobreditos con todo los boos paramentos que y foren feytos fiquen livres et quitos et desenbargados de vos et de toda vossa voz a o bispo de Lugo.


Et nos os sobreditos, Mayor Rodriguez et Pedro Diaz, prometemos a Deus et iuramos a os santos avangios, que tangemos corporalmente, que gardemos et cunpramos todas estas cousas sobreditas segundo dito he et que nunca por nos nen por outros, en iuyzo nen fora de iuyzo, nen por outra maneyra qualquer, vennamos nen passemos contra todas estas cousas nen contra cada huna delas que se en esta carta conteen.

Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos as ditas partes rogamos a Bernal de Cayon , notario enno couto de Lugo, que fezesse ende dous estromentos publicos tal hun commo o outro, et por mayor firmidume nos obispo et Mayor Rodriguez sobreditos possemos en eles nossos seelos.

Os quaes estromentos foron feytos viinte et tres dias de ianeiro, era de mill et CCCos et çinquaenta annos.

Desto foron testemoyas: Rodrigo Eanes, clerigo de Gomyan; Fernan Fernandes, capelan da iglesia de Santa Alla; Fernan Yuannes de Lorden, comendeyro do couto de Lugo; Fernan Fernandes de Çedron; Affonsso Peres de San Iullao; Lopo Pennado et Fernan Pennado de Fonteyta; et Affonsso Peres desse lugar, Loppo Rodriguez, Affonso Peres de Santa Marta; Aras Peres de Romay et Affonsso Eanes, escudeiros do dito bispo, et outros muytos.

Eu Bernal de Cayon, notario publico dado por lo sennor obispo enno seu couto de Lugo, a rogo das ditas partes a esto presente fuy, et esta carta escrivi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.(+).