GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

81

1418, abril, 20.
Afonso Lourenço, racioneiro de Santiago, capelán da capelanía dos Reis que chaman Santa Cathalina, sita na igrexa de Santiago, recoñece ter recibido os 180 maravedís por razón da dita capelanía.

Viinte dias de abril. Sabean quantos esta carta viren como eu Afonso Lourenço raçioeiro de Santiago e capelan da capelania dos Reis que chaman Santa Catalina que he sita enna iglesia de Santiago connosco e outorgo que reçebi de vos Pero Leiteiro procurador do conçello da çidade de Santiago çento e oyteenta maravedis contando blanqua a tres dineiros os quaes maravedis eu ouve de aver este anno da feita desta carta por rason da dita capelania señalladamente ennos maravedis dos marquos que noso señor el rey ha en cada hũu anno enna dita çidade e dos quaes ditos maravedis me outorgo por entrego e ben pagado e renunçio e exençon do aver non dado nen contado nen reçebido nen pagado en presença do notario e testemoyas e a toda outra exençon que nunca delo diga o contrario. E porque esto seja çerto outorgey ende esta carta de pago por e ante o notario publico e testemoyas infra scriptos. Feita a carta enna dita çidade de Santiago, anno, dia e mes sobreditos.Testemoyas que a esto foron presentes: Ruy Freire e Afonso Vaasques Abril escudeiros, e Alvaro Martines plateiro, vesiños da dita çidade e Juan Gonçales da Cana, fillo de Gonçalvo Rodriges da Moeda, a que Deus perdona e Alvaro Peres, escrivan.