GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

176
1329, xaneiro, 9
foro

O cabido afóralle a dúas voces a Macía Pérez, clérigo do coro, unhas casas na rúa da Obra, coa condición de erguelas, as voces pagarán 100 soldos.

ACOu, Escrituras XVII, 69

Sabbeam quantos esta carta virem que nos Vaasco Perez deam d’Ourense e ho cabidoo desse lugar (est)ando em (hun)as casas da rua d’Oobra que som da capela que ordinou ho arçidiago dom Pero Fafiño, a qual capella agora tem Maçia Perez clerigo do coro d’Ourense em commo caerom, e que essa capella he tam pobre que nom ha senon essas casas e huna viña que está em Afonsillom, et em commo as rendas dessa capella som tam poucas que se non possam fazer as ditas casas por elas, et as casas estam derribadas e non rendan nen migalla aa dita capella. Por ende damos a vos o dito Maçia Perez clerigo do coro de Ourense a foro as ditas casas que essa capella ha na rua d’Oobra por tal condiçon que as façades de boas paredes e de sobrado e de boa madeyra a estimaçon de dous omes boons do dito cabidoo. Et apus vossa morte as ditas casas fiquen a duas vozes quaes vos nomeardes em vossa vida ou em morte. Et as ditas duas vozes que ficaren apus vossa morte fiquen diam çem soldos de brancas da moeda del rey don Fernando de que contan quatro diñeiros por tres soldos ou ha estimaçon delles ao que tever a dita capella cada anno por dia de Santa Oufemea. Et por vos averdes igleia enno bispado d’Ourense que vos non tollamos a dita capella, por ende a qual graça vos fazemos polas casas que caerom sobreditas. Et vos em vosa vida que sirvades a dita capella sigundo que vos foy dada. Et para as ditas casas fazer o dito Maçia Perez obligou todos seus beens gaañados e por gaañar. Et se em este tenpo as ditas casas caerem que as façades vos o dito Maçia Perez em vosso tenpo ou as ditas vozes em seu tenpo. Et se vos ou cada huna das ditas vozes quiserdes vender ou deitar ou enpeñorar as ditas casas no dito tenpo, que as vendades ou deitedes ou enpeñoredes ante ao que tever a dita capella ca a outre polo justo preço, e se as el assy non quiser reçeber que as vendades ou enpeñoredes ao cabidoo d’Ourense ante ca a outre polo justo preço, et se as el assy non quiser reçeber enton as vendede ou deitade ou enpeñorade a atal ome que seia semellavil de vos e que cunpla e pague o dito foro cada anno commo dito he e agoarde as condiçoens sobreditas. Et se por ventura as ditas vossas vozes non pagarem o dito foro cada anno commo dito he que o que tever a dita capella vos possa fazer aquela peñora que en Ourense he acustumada de fazerem polo alugueiro das casas. Et desto as ditas partes pidiron a min Afonso Viviaez coengo e chançeler que lles dese desto senllas cartas partidas por .a.b.c. Feyta a carta em Ourense, nove dias de janeiro, era de mill e trezentos e seseenta e sete annos. Tests. que a esto presentes forom Pero Lourenço, Pero Estevez, Johan Lourenço clerigos do coro d’Ourense, Gonçalvo Rella moordomo do cabidoo, Martin Fernandez, Afonso Lourenço coengos.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e cha[n]celer dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e este meu sinal y puge en testemuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Litera capituli.