GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

338
1357, maio, 29
foro

Aparicio Iáñez, dobreiro, tenente da capela de Mariña Iáñez, afóralles a Gonzalo Iáñez Pereiras e á súa muller, Urraca Vázquez, unha cortiña con viña e árbores "alende a porta do Vilar", por 4 libras.

ACOu, Escrituras XXI, 2

Sabbean quantos esta carta viren que eu Apariço Anes dobreiro da igleia d’Ourense e teente a cappella que ordinou Mariña Anes moller de Johan de Louredo ferreiro que foy, por liçençia e outoridade de don Bertran Bertranes liçençiado en leys, vigario geeral do onrrado padre e señor don Iohan porla graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense que he presente e outorgante et me da poder e liçençia para esto que se sigue, dou e outorgo a foro a vos Gonçalvo Anes Pereyras, morador en Ourense na Ayra do Bispo, e a vossa moller Orraca Vasques e a todas vosas voses para senpre, huna cortiña con viña e con arvores que a dita miña capella ha en termino d’Ourense aalende a porta do Villar, ante a porta do curral et igleia de Santa Maria do Possyo, a qual cortyña ias a par da casa da yrmytaa contra çima et vay darredor doutro terreo con ouliveiras que he da igleia da Triidade et vay topar en fondo nos lagares das Quintas et en outro terreo que está hermo et vay darredor do camiño que vay d’Ourense para Sobrado et entesta en çima enno rego da agua que ven da Ayra do Bispo para a dita congostra. Dou vos a foro a dita cortyña con suas arvores e con sua viña e con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que lavredes e paredes ben a dita cortyna en maneira que non defallesca por mingoa de lavor e de boon paramento. Et vos e a dita vosa moller et todas vossas voses que dedes a min en quanto for teendor da dita cappella et aos que a depoys de min teveren, quatro livras de brancos desta moeda que oora corre de que contan quareenta pares de diñeiros novees por tres livras. Et pagardeslos cada anno por dia de San Martiño do mes de novenbro. Et averdes a dita cortiña e viña e arvores do al de disimo a deus livre e desenbargada de todo outro encarrego e penson e tributo alguun. Et por outoridade do dito vigario obligo os beens da dita cappella para anparar vos os sobre ditos e todas vosas voses senpre a dereito con a dita cortyna e viña e arvores que vos afforo commo dito he. Et eu o dito Gonçalvo Anes que soon presente por min e porla dita miña moller que non he presente et por todas nosas voses assy reçebo de vos o dito Apariço Anes a dita cortiña e viña e arvores aforada commo dito he. Et prometo e outorgo de lavrar e parar ben a dita cortiña et dar e pagar a vos o dito Apariço Anes et aos que depoys de vos teveren a dita cappella cada anno en salvo as ditas quatro livras ao dito termio et conprir e agardar todas las cousas e cadauna dellas que en esta carta son contiudas. Et para o assy conprir obligo todos meus beens gaanados e por gaañar. Et eu o dito Bertran Bertranes vigario que soon presente por que achey por juramento que reçeby aos santos evangeos do dito Apariço Anes que este dito afforamento era prol e boon paramento da dita cappella, por ende dou liçençia e outoridade ao dito Apariço Anes que o faça et mando que valla e seia firme para senpre. Et foy posto entre as ditas partes que qual quer dellas que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conplir e agardar por penna çen mor. da boa moeda, et a penna pagada ou non esta carta valla e fique senpre firme. Feyta a carta en Ourense, viinte e nove dias do mes de mayo, era de mill e tresentos e noventa e çinqo annos. Testemuyas que presentes foron Gonçalvo de Cotello e Antonyo Martines alffayate, Fernan Garçia ourives e Domingo Manteyga omme do dito Gonçalvo Anes Pereyra.

Et eu Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy en myna presença ho fiz escrivyr e meu nomme e signal aqui puge.

(sinal)