GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1161
1464, xullo, 11 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó cóengo Diego Vázquez e a dúas voces tódolos bens pertencentes á Capela Nova, por renda anual de 550 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 33 v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 33.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos della, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon, aforamos a vos Diego Vasques, canonigo da dita iglesia, por vosa vida et de outras duas personas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et se non for nomeada que seia persona do dito foro quen herdar vosos beens de dereyto ou a mayor parte delles, et asi da outra persona despois de vos, os beens chamados da Capella Nova por onde quer que seian casas et casares et herdades et arbores et prados et pascos et foros con todas las cousas a elles perteesçentes et perteesçer deventes en qualquer maneyra et por qualquer rason, et a nos por rason delles, por lo qual foro avedes de dar et pagar en vosa vida, en cada hun ano, quinentos et çinquenta maravedis de curtos, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo a os quartos do ano a noso mayordomo do cabidoo, sub pena de desconto de vosa prebenda et as ditas personas depois de vos, os quaes beens vos aforamos, segundo dito he, a Deus et toda vosa ventura, et que non dedes desconto nihun delles, et que tenades as casas delles levantadas et ben reparadas et as herdades ben alavoradas, et asi as ditas personas despois de vos, en tal maneyra que as casas dos ditos beens non se pergan nen cayan con mingoa de boo reparamento, nen as herdades delles que se non vaan a monte con mingoa de lavoria, et que vos, nen a primeyra persona depois de vos non possades dar o dito foro, nen vender, nen enallar, nen nomear por persona del a home poderoso, nen a cavaleyro, nen a escudeyro, et se o contrario feserdes vos, ou a dita persona, que por ese mesmo feyto pergades et perga o dito foro; et a finamento da postremeyra persona do dito foro que os ditos beens fiquen libres et desenbargados a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores con todos los boos paramentos que en elles foren feytos.

Et eu, o dito Diego Vasques, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes en esta carta de foro contiudas, et me obligo de complir et pagar et atender segundo de susodito he, et para o mellor complir et atender et pagar dou conmigo por fiador devedor et prinçipal pagador a Pedro Mendes, canonigo desta dita iglesia, que esta presente, o qual Pedro Mendes se outorgou por tal fiador, et obligou a si et a seus beens, asi eclesiasticos como seglares, que se o dito Diego Vasques non pagasse et atendesse todo o sobredito que el obligava et obligou a si et a os ditos seus beens de complir et pagar et atender segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten. Et o dito Diego Vasques obligou a si et a seus beens, presentes et futuros, eclesiasticos et mundanos, de relevar a o dito Pedro Mendes da dita fiadoria a todo tempo. Et porque seia çerto nos, o dito cabidoo, mandamos dello faser duas cartas de foro ambas en hun tenor huna para vos, o dito Diego Vasques, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores por lo notario juso escripto, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Diego Vasques.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo, dia quarta feyra, onse dias do mes de jullio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et quatro anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Emil, arçediano de Triacastela; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoureyro; Tomas Vasques, Johan Ares, Diego Fernandes, Lopo Garçia et Rodrigo Afonso, canonigos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro con mina mao propia escrivi, et aqui puge meu nome et signal acustumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Este foro arriba contiudo renunçiou et dimitiu o dito Diego Vasques, canonigo, en cabildo et foyle resçebido et por [...] al chantre, Juan Afonso, por sua vida, en fe do qual eu, ho notario a iuso escripto, dou de todo fe que pasou por mi [...].