GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1357
1485, xaneiro, 14 venres. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ó chantre e a tres voces unha casa en Barrio Falcón, por renda anual de oito marabedís maila obrigación de reconstruíla.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 8, perg. orix., galego, cortesá, 300 x 250 mm.

Sepam quantos esta carta de fuero vieren como nos as personas et benefiçiados da iglesia de Lugo, que ajuso seran nonbrados, seendo juntados en noso cabilldo açerca da porta das bobedas chamados por son de canpaa, segundo que avemos de uso et de costume, de consentimento et outorgamento de Juan Fernandes, clerigo do coro da dita yglesia, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, que presente esta, damos et aforamos a vos Johan Afonso, chantre en a dita iglesia, et a outras tres personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tenpo de voso finamento et non seendo nomeada que seja quen herdar vosos beens de dereyto ou a mayor parte deles, et asy das outras personas de grado en grado ata que sejan feneçidas et acabadas as ditas tres personas. Conben a saver que vos aforamos huna casa que esta [...] Barreo Falcon, sub el signo da Capela de San Pedro, que he dos aniversarios da dita iglesia, a qual de nos tevo en foro Johan Ares [...], a qual esta junta de huna parte con outra casa que he dos aniversarios que agora ten en foro Ynes Lopes, muller de Fernan Mourelo, et da outra parte junta con ho curral que vay da dita rua para os fornos et topa en a rua publica. A qual dita casa vos aforamos et damos en foro, segundo dito he, con todas suas entradas, saydas, jures et pertenençias et agoas vertentes et correntes que ha et deve aver do çeo fasta a terra, a tal pleyto et condiçon que de oje este dia da feyta desta carta a dies anos primeyros logo seguentes façades et levantedes a dita casa de balcon detras et de diante, et a tenades asy feyta et cuberta et reparada. Et dedes dela de foro, en cada un ano, vos et as ditas personas depoys de vos oyto maravedis vellos, a tres brancas vellas et un dineyro fasen cada maravedi, en moeda que se pagaren os outros foros dos ditos aniversarios a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, ou a quen noso poder ouber para elo, por dia de San Martino de nobenbro, postos en pas et en salvo en esta dita çibdade de Lugo, et non pagando por dous anos contynuos o dito foro que por ese meesmo feyto pergades et pergan o dito foro et todo o dereito que a el teverdes et teveren se vos lo quiseren reçeber. Et con condiçon que cada huna das ditas personas, que suçeder por foreyra, fasta trynta dias logo seguentes nos vena mostrar et ensignar como he foreyra do dito foro, su pena que se o asi non fizer que por ese mesmo feyto perga o dito foro. Et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que a dita casa fique feyta, libre, quita et desenbargada a nos, el dito cabildo, et a nosos suçesores con todos los boos paramentos que en el forey feytos.

Et eu o dito Johan Afonso, chantre, que presente soo, asy reçebo o dito foro de vos, o dito cabilldo, segun et en a maneira et con as condiçoes que mo dades et outorgades para min et para as ditas personas, et obligo a min et a mues beens et das ditas personas de teer et fazer et complyr et pagar todo o susodito, segundo et en a maneira que en esta carta de foro sen conten.

Et nos, o dito cabilldo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro por lo notario ajuso escripto, anbas en un tenor, huna para vos o dito Juan Afonso, chantre, et vosas personas et outra para nos, o dito cabilldo, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos o dito Juan Afonso, chantre, et vosas personas con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a çibdad de Lugo en o sobredito lugar, vernes, quatorse dias do mes de janeiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oyteenta et çinquo anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron este dito foro: Alvaro Dias da Lama, arçediano de Sarrea; et Diego Gonçalves de Fonteyta, arçediano de Triacastela; Juan Ares, Pedro Martines, Pedro de Mera, Afonso Martines, Gomes Fernandes, Loys de Costante, Vasco Rodrigues, Lopo Rodrigues, canonigos; Vasco Grandio, raçionero; et o dito Juan Fernandes, clerigo do coro, rendeyro dos ditos aniversarios.

Et eu Afonso Fernandes de San Jullaao, raçioneiro en a iglesia de Lugo, notario publico por la abtoridad del senor Obispo et iglesia dese lugar et eso mesmo notario dos abtos capitulares do dito cabildo, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy et esta carta de foro, que ante min por las ditas partes foy outorgada, en meu registro et protocolo sentey et del este publico instromento saquey, et por outro seendo ocupado de outros negoçios fielmente o fige escripvir et en el puje meu signo et nome acustumado en testimonio de verdade. Rogado et requerido.