GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

42
1433, xuño, 15

María Fariña, filla de Fernan de Padrón e de Marina Fariña, defuntos, muller de Vivian Fernandes, carpinteiro, outórgase por satisfeita da partiçión realizada entre ela e seu irmán Juan Fariña, dos bens mobles e raices quedados dos seus pais.

(ff. 19-19 v)

Este dia. Sabean todos que eu Maria Farina, filla que foy de Fernan de Padron et de sua moller Marina Farina, cujas almas Deus aja, et moller que soo de Vivian Fernandes, carpenteiro, morador ẽna dita villa, que presente esta, et outorga et me da poder et liçençia et outorgamento para faser et outorgar esto aqui adeante contiudo, outorgo et conosco que fis partiçon con vosco, Juan Farina, pedreiro, meu yrmãao de todos los bẽes moveles et reises et froitos dos ditos bẽes reises que foron et ficaron dos ditos Fernan de Padron et Marina Farina, nosos padre et madre, et que a min perteesçian de aver et erdar por sua herança, por la qual dita partiçon me acaesçeron et son mias as casas, soton et sobrados con sua orta et eixido que estan ẽna Rua da Enfesta da dita villa, segundo et por la via que a suya tees et usar os ditos meu padre et madre, con o cargo que en elas ha Tareija d´Oubiña, et dos outros bẽes mobles et reises et froitos de bẽes reises que a min asy perteesçia de aver et herdar por erança dos ditos meus padre et madre a mi vieron en partiçon, vos o dito meu yrmãao me contestastes et pagastes en a contia de maravedis et plata et roupa de vestir et de cama et perfeas de casa a mĩa voontade. Os quaes maravedis et plata et roupa de vestir et de cama et perfeas, alfayas de casa, pasaron et son ja en meu jur et poder ben et conpridamente sen nçmingoa algũa, do qual todo me outorgo por entrega et paga et renunçio a lei // non numerata pecuniae et de dolo, engaño, medo, força, endusimiento et da menor ydade, et a toda outra enxençon et defenson de que me eu ou outro por min podriamos ajudar para contra esto que dito he viir, que quero et outorgo que nos non valla nen sejamos sobre elo nen sobre paste delo oydos nen resçebidos en juizo nen fora del. Por ende, desde oje este dito dia endeante, quito, libro et anunçio a vos o dito Juan Farina, meu yrmãao et a vosas vozes de todos los bẽes mobles et reises et froitos deles, conben a saber: dineiro, ouro, plata, pan et viño, pannos asi de vestir como de cama perfeas et alfayas de casa eto outros bẽes mobles que asi a min perteesçian por herança dos ditos meus padre et madre et que vos, o dito meu yrmãao, por min ouvestes et resçebestes en qualquer maneira et por qualquer rason, por quanto dos ditos bẽes reises me asi contentastes ẽna dita casa et dos mobles ẽna dita prata et dinerios et roupas de bestir et de cama, et soo de todo elo ben contenta et paga, sen outra fauta nen encoberta algũa, et prometo et outorgo de vos non viir nen pasar contra esta dita nuçon et carta de partiçon et de pago en nihũ tenpo que seja, por min nen por outro aa boa fe de Deus et sen maao engano, por min et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et por juramento que ende faço en esta signal de crus †, en lugar de Santos Avangeos, et so pena de seys mill maravedis de boa moeda que vos peite por pena, en nome de interese, se o asy non tever et conprir, et contra elo vier. Et eu o dito Vivian Fernandes, marido da dita Maria Fariña, que asy sõo presente, asy outorgo a dita nuçon et carta de partiçon et de pago, que asy feso et outorgou a dita mĩa moller, et deille et dou poder et liçençia et outorgamento para a faser et outorgar, et prometo et outorgo de non viir contra ela nen contra parte en algũu tenpo que seja, por min nen por outro por min, et por meus bẽes que a elo obligo e so a dita pena et juramento. Et a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. Que foy outorgado ẽna dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Et eu o dito Juan Fariña que asy sõo presente asy o resçebo. Ts. que foron presentes, ut supla. Feita.