GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

69
1433, outubro, 24

O convento de Santo Domingo de Pontevedra, afora a Gonçalvo de Camoens, mercador de Pontevedra, e a sua muller Inés Gomes, por tenpo das suas vidas, unha casa-adega que está na Rua Cega, por foro de 50 maravedis.

(ff. 31 v-32 v)

XXIIII dias do dito nes de oytubre. Sabean todos que nos o doutor frey Pedro de Salnes, prior do moesteiro de San Domingo da villa de Pontevedra, et frey Gonçalvo de Castro et frey Juan de Santa Fe et frey Gonçalvo Ferreiro et frey Roy de Utreira et frey Pedro de Montes, doutores et frey Juan de Ribadavia et frey Estevõo de Montes et frey Gonçalvo de Tui et frey Afonso Mansiño et frey Vaasco Afonso et frey Vaasco Caldelas et frey Juan de Morraço, fraires conventuaes do dito moesteiro de Santo Domingo, que a esto aqui adeante contiudo somos presentes, dentro no capitelo do dito moesteiro por tanjemento de canpaan, segundo que avemos de uso et de custume et que fesemos por nos et en nome do dito noso moesteiro et do convento del, et de nosos subçesores, aforamos et damos en aforo a vos, Gonçalvo de Camões, mercador, besiño da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Ynes Gomes, a nosa casa adega et do dito noso moesteiro de çima, que esta ẽna Rua Çega da dita villa et a qual adega ten hũa porta çarrada que sal ẽno eixido das vosas casas en que vos agora morades et a qual dita nosa casa adega se ten por parede, da hũa // parte con os formaes que agora son do moesteiro de Leres et de Rui Vasques, escudeiro, et de sua moller Maria Lopes et con outra casa de Ynes de Ribadavia, et da outra parte se ten por parede con outra nosa casa adega, a qual parede que asi esta ontre las ditas adegas asi a nosa que a nos queda como esta que vos asi aforamos, vos o dito Gonçalvo de Camões et a dita vosa moller devedes de levantar et çarrar de parede ou tavoado por vosa custa et a nosa benvista, et aforamosvos a dita nosa adega con sua pedra, tella, ferro et medeira et pousos, jures et agoas vertentes et entradas et seydas et perteeenças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito por tenpo da vida de vos o dito Gonçalvo de Camões et a dita bosa moller et mais non, con condiçon que vos que reparedes a dita adega de pedra, tella, ferro, madeira et a requireades de todo outro lavor et adubeiro que ouver mester, en maneira que se non perga por mingoa de lavor et reparamento, et que dedes a nos et ao convento do dito moesteiro et a nosos subçesores por renda, çenso, conosçementto da dita nosa adega vos et a dita bosa moller, por cada dia de San Migell do mes de setenbre, çinquoenta maravedis de moeda vella contando a branqua en tres dineiros et asi en cada un ano por lo dito tenpo das ditas bosas vidas de anbos, de que logo nos destes et nos de vos resçebemos quatroçentes maravedis da dita moeda que montan o foro dos primeiros oyto anos, dos quaes nos outorgamos por entregos et pagos a toda nosa voontade, et demais con esto que viindonos caso furtuyto por que leixemos o moesteiro et vaamos morar aa dita vila que nos leixedes et desenbargedes a dita adega o tenpo que asi estovermos na dita villa et non ẽno dito moesteiro, et o tenpo que a asi tovermos que non pagedes dela o dito foro et demas que en quanto nos et o convento do dito moesteiro venderemos viño ẽna outra nosa adega, que vos que non abrades porta ẽna dita adega que vos asi aforamos para por ela venderdes viño nen en ela cavalariça de bestas, et demais avendo vos et a dita bosa moller de vender ou sopẽnorar este dito foro, et eso mesmo avendo nos et convento do dito moesteiro de vender este dito trebuto que nos asi avedes de dar, que o façamos hũus aos outros tanto por tanto, segundo que nos // outro por elo der, et sermos frontados sobre elo et seerdes anparados et defesos con este dito aforamento ẽno dito tenpo por los bees do dito noso moesteiro et convento del, que vos a elo obligamos. Et eu o dito Gonçalvo de Camões, que asi soo presente por min et por la dita mĩa moller, asi resçebo et outorgo este dito aforamento et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller o tenamos et conprimos et pagemos asi por nos et por nosos bẽes que para elo obligo, et esto, como dito he, deve de seer conprido et agardado ontre nos o dito prior et convento et Gonçalvo de Camões et mĩa moller aa boa fe de Deus et sen mao engãno, et por nos et por los ditos nosos bẽes, e so pena de mill maravedis da dita moeda que peite et page a parte de nos que o asi non tover et conprir a outra parte ou partes de nos que o asi toveren etc. et a pena etc. todavia etc. Ts. que foron presentes: Lopo Gomes, escripvan et Juan Doçe, mercador, besiños da dita villa de Pontebedra, et outros.