GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

338
1336, febreiro, 16. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Rui Vázquez e a dúas voces un casal en Santa María de Neira por renda anual de tres terzas de pan e cinco marabedís por foros.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 5v.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Fernan Aras, dayam da iglesia de Lugo, et teente amiistraçon do mes de deçenbro en terra de Paramo et de Goldrame, con outorgamento do cabidoo desse miismo lugar, dou a vervo et a foro a vos Ruy Vaasques, dito Bicos, por en todos vosos dias et de duas pessoas de tal condiçon commo vos huna a pus outra quaes vos nomeardes en vida ou en morte, o nosso casal da Villa que he sub signo de Santa Maria de Neyra, o qual he da amiistraçon de dezenbre, con todas suas dereyturas et pertenenças per hu quer que vaan; a a tal condiçon que vos et as ditas pessoas que pus vos veeren, que vos nomeardes ou nomear aquela pessoa en que vos poserdes o dito casal, que lavredes et paredes ben este casal et mantenades as casas del en boo estado, et cavedes cada anno huna alançada de monte do casal mentre o y ouver boo para cavar; et dardes del cada anno, a o que tever esta amiistraçon de dezembre, tres terças de pan por midida dereyta da terra, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, et çinquo moravedis, d’oyto soldos o moravedi, da moeda del rey don Affonso por foros. Et a morte da pustrimeyra pessoa destas duas que vos nomeardes ou d’aquela pessoa que nomear aquel que ficar o dito casal, que este casal fique livre et quito et desenbargado a esta iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos, et con hun boy et con huna vaca et con huna porca de provo. Et aquela pesoa que vos, Ruy Vaasques, nomeardes en que fique o dito casal, ou nomear a outra pesoa en que o vos leyxardes quando vagar, que o venna reçeber do cabidoo et d’aquel que for amiistrador do mes de dezenbre et dar fiador que leyxe o dito provo et paguen a renda sobredita, et ata que non veeren reçeber o dito casal do cabidoo et do amiistrador et dar o dito fiador que non entren nen reçeban o dito casal nen husen del. Et eu Ruy Vaasques, dito Bicos sobredito, asi reçebo de vos, dayam et amiistrador sobredito, con outorgamento do dito cabidoo, o dito vervo do dito casal, et outorgo todo esto que dito he, et obligo min et todos meus bees de o comprir en todo por min et por las ditas pessoas. Et por que esto seia çerto et non vena en dulta nos os sobreditos dayam et cabidoo et Ruy Vaasques, dito Bicos, rogamos et mandamos a Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra huna que desse a o dito Ruy Vaasques, dito Bicos, et outra que posese no livro do cabidoo.

Que foy feyta en Lugo enno thesouro da iglesia de Santa Maria de Lugo, XVI dias de fevreyro, era de mill et CCC LXXta et quatro annos. Testemoyas que foron presentes: don Fernan de Deus, chantres de Lugo; don Diego Ferrnandes, archidiago de Neyra; don Pedro Iacome, iuys de Lugo; don Aras Pellaes, thesoreyro; Iohan Ferrnandes, Vaasco Rodrigues et Fernan Afonso et Andres Peres, coengos de Lugo; Affonso Eanes et Iohan Gutierres et Iohan Gomes, raçoeyros; Fernan Ferrnandes de Çedron, Pedro Migueles, Françisco Guillelmes, Pedro Ferrnandes, clerigos do coro ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado pe-lla auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he pressente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en minna presença fiz escrivir en este livro do cabidoo da iglesia de Lugo et en ella meu nome et meu signal puge en testemoyo de verdade.