GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

542
1349, outubro, 24. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Ares Fernández e á súa muller e a unha voz un casal en Vilapedre, freguesías de San Fiz, San Miguel de Goiás e San Salvador de Calleiros, por renda anual de dúas terzas de pan a unha man e doce oitavas á outra, mais a obriga de construír dúas casas, un muíño e plantar 20 árbores.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 66r.

Era de mill et trezentos et oyteenta et sete annos, viinte et quatro dias d’outubre.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o dayam, et cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon, teente a amystraçon do mes de desembre en Santa Alla Alta, damos avervo et aforo a vos Ares Ferrnandes, fillo de Fernando Peres que foy de Valladares, et a vossa muller, Viviana Peres, por en todos vossos dias d’anbos et a huna pessoa qual nomeardes o pustrimeyro de vos en vossa vida ou a a ora de vossa morte, todo quanto herdamento et vos chamado do cassal de Treminado que he en Villapedre, peru quer que vaa sub signos de San Fiis et de Sant Miguel de Goyaes, et de San Salvador de Coleyros, con suas cassas, arvores et con todas suas pertenenças et dereyturas, asi commo perteeçe a a dita iglesia de Lugo, a a tal foro et vervo que vos et a dita pesoa que para este vervo for nomeada lavredes et façades lavrar et parar ben o dito herdamento et saquedes de monte aquello que foy ia lavrado, et façades y duas cassas, a huna en este primeyro anno cabo das outras que y estan, et a outra cassa que a façades con hun moyno en estes primeyros dous annos, o moyno no regueyro de Goyos ali hu el suya estar, et mantenades y as cassas et moyno feytas en boo estado; et avedes y a chantar viinte arvores que sean pereyras et maçineyras et castineyras, que fiquen feytas et presas, et mays se y mays poderdes faser; et avedes a dar, cada ano, en salvo a a huna das maos duas terças de pan et a a outra mao, doze oytavas de pan en salvo, a o amystrador que tever a dita amystraçon por la iglesia de Lugo, por la teega dereyta vella de Sarrea, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, do mellor que y ouver posta a semente. Et a morte de vos anbos et da pesoa que o dito vervo for nomeada avedes a leyxar o dito cassal et herdamento et cassas et moyno et arvores feytos a a iglesia de Lugo, livres et quitos de vos et de vossa vos, con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et esto avedes a conprir, asy commo dito he, por obligaçon de vosos bees et so la pea de çent moravedis da moneda usual.

Et eu, o dito Ares Ferrnandes que estou presente por min et por la dita minna muller et por la pesoa que for nomeada, commo dito he, asi reçebo de vos, dayam et cabidoo et amystrador sobreditos, o dito vervo et foro, et obrigo todos meus bees et seus para comprir en todo segundo sobredito he. Et por que esto seia çerto nos, las partes sobreditas, rogamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor a huna en este livro et a outra a o dito Aras Ferrnandes. Et por mayor firmidue nos, lo cabidoo sobredito, mandamos seellar esta carta de noso seello.

Feyta en Lugo era et dias sobreditos.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça; don Vaasco Dias, iuys; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; Iohan Dias, Iohan Ferrnandes, Tomas Gomes, Andres Peres, coengos de Lugo; Lopo Peres, porteyro do cabidoo; et Ruy Eanes, scudeyro.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico del rey en Lugo, que a esto presente fuy et por rogo das partes fis escrivir et puge y meu nome et meu signal.