GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

628
1359, decembro, 19. Monforte
O bispo de Lugo outórgalle a Einés Pérez o casal de Casdoncende, en San Vicente de Deade, e recibe a cambio o de Santo Estevo de Castelo, na freguesía de Santa María de Castelo.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 56r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos dom frey Pedro Lopes da ordem dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, da huna parte, et eu Eynes Peres da Costa de Panton, muller de Martin Peres de Palmelle, da outra, fasemos entre nos tal escanbeo et valedeyro para senpre iamays, conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos et outorgamos en escanbea que aiades para senpre iamays por iur de herdade para vos, a dita Eynes Peres, et para vos et para toda vossa vos, o noso casal de Casdonçendo, que he sub signo de Sant Viçenço de Deade, con todas suas dereituras et pertenenças, a monte et a fonte, per ut quer que vaan, o qual casal de nos ten en foro Tareyia Fernandes de Casdonçendo. Et eu, a dita Eynes Peres, que pressente estou dou a vos, o dito sennor obispo, para vos et para a dita vosa iglesia que aiades para senpre iamays por iur de herdade, en escambea por lo dito cassal que me vos dades, o meu cassal de Sant Estevoo de Castello, que he sub signo de Santa Maria de Castello et sub outros signos quaesquer que vaan con todas suas dereyturas et pertenenças, entradas et seydas, a montes et a fontes, per ut quer que vaan, et con seus moynos et pesqueyras et dereyturas, o qual casal a min perteesçe d’aver por minna filla, Eynes Gomes que foy, et de Gomes Rodrigues de que o eu oyve por escambeo por outras herdades que lle di, segundo se conten en huna carta de escambeo que eu, a dita Eynes Peres, et a dita Eynes Gomes, minna filla, fesemos sobresta rason, a qual carta do dito escambeo eu logo dou et entrego a vos, o dito sennor obispo; o qual casal et herdades que vos eu, a dita Eynes Peres, dou a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia, se parte con outras herdades de Martin Gil et con o casal de Santa Martha, que he da iglesia de Villella.

Et nos, o dito sennor obispo, obligamos nos et nosos bees et da dita nosa iglesia de vos faser de pas o dito casal que damos a vos, a dita Eynes Peres, en escambea. Et eu, a dita Eynes Peres, que presente estou, obligo min et todos meus bees, mobilles et rayses, gaanados et por gaanar, de vos faser senpre de pas o dito casal et herdades et arvores con suas pertenenças et dereyturas, segundo dito he, que vos dou en escambeo por lo dito casal. Et cada huna de nos as ditas partes outorgamos et avemos por firme esta dita escambea para senpre iamays, et por esta pressente carta nos metemos huuns a outros enno iur et possison et propriedade dos ditos casares que nos damos en escambea, segundo dito he, et renunçiamos et prometemos a a voa fe que nunca contra ello vaamos, por nos nen por outren, en juyso nen fora del, et des oie mays este dia todo poderio et sennorio de cada huna de nos as ditas partes ende seia sacado et removudo et posto enno outro. Et outrosi eu, a dita Eynes Peres, obligo min et meus bees, mobiles et rays, gaanados et por gaanar, ut quer que os eu aia, et sub penna de mill moravedis desta moneda, de faser outorgar este dito escambeo a o dito Martin Peres, meu marido. Et outrosi vos, a dita Eynes Peres, avedes de estar et manteer en todo o vervo et foro que a dita Tereyia Fernandes de Casdonçendo ten de nos et de nosa iglesia do dito casal, segundo que se enno dito foro et vervo conten.Et eu, a dita Eynes Peres, asy o outorgo.

Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos as ditas partes rogamos et mandamos a Ruy Gonçalves, coengo, notario publico de Lugo, et a Aras Peres, notario da audiençia do dito sennor obispo, que faça desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feytas en Monforte ennas casas do dito sennor obispo, des et nove dias de desenbre era de mill et tresentos et noveenta et sete annos. Testemoyas que a esto presentes foron para esto chamadas et speçialmente rogadas: dom Ruy Fernandes, arçidiago de Neyra; don Pedro Aras de Parrega, mestrescola; Gomes Aras de Pallares; frey Iohan, companeyro do dito sennor obispo; Garçia Rodrigues das Ribeyras, escudeyro do dito sennor obispo; Iohan Fernandes, Gonçalvo Fernandes de Quyroga, camareyros do dito sennor obispo; Gonçalvo Eanes de Tanquian, et outros.

Et eu Ruy Gonçalves, coengo, notario publico de Lugo, dado por auctoridade do dito sennor obispo a esto que dito he con o dito Aras Peres, notario da audiençia do dito sennor obispo, et con as ditas testemoyas presente fuy, et a rogo et mandado das ditas partes esta carta en minna presença fis escrivir a o dito Aras Peres, notario sobredito, et puge y meu signal en testemoyo de verdade.

Et eu Aras Peres, notario publico enna audiençia do dito sennor obispo, dado por auctoridade do dito sennor obispo, a esto que dito he con o dito Ruy Gonçalves, coengo, notario sobredito, et con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo et por mandado das ditas partes esta carta scrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.