GMH/ÍNDICE A-Z

192
1330, decembro, 14
arrendamento

O cabido arréndalles vitaliciamente a Miguel Iáñez, xastre, e á súa muller, Tareixa Pérez, unhas casas na rúa das Tendas por 50 libras.

ACOu, Escrituras VI, 24

Sabeam quantos esta carta viren que nos Vaasco Perez deam d’Ourense et ho cabidoo desse lugar arrrendamos a vos Migueel Eanes alfayate et a vossa moller Tereyia Perez moradores em Ourense em vossa vida danbos et non mays, hunas casas que nos o dito cabidoo avemos en Ourense ena rua das Tendas, enas quaes morou Domingo Perez alfayate que foy, as quaes estam contra o Canpo no canto da rua, sigundo que ellas parten pellas casas en que morou Pero de Canba mercador e ten a outoeira enas casas do cabidoo que agora ten Tereyia Dominguez moller do dito Pero de Canba que foy. Arrendamos vos as ditas casas con sa tenda e sobrados e con todas sas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que as adubedes e refaçades de todo lavor e adubeiro que em elas ouver mester eno dito tenpo hu foren para adubar e reffazer, salvo se as paredes delas caerem por fondamento que as façamos nos o dito cabidoo por nossa custa. Et dedes ende cada anno en salvo a nos o dito cabidoo no dito tenpo por dia de Santa Oufemea çinqoeenta libras de brancos da moeda del rey dom Fernando de que contan xlª pares de diñeiros por tres libras. Et eu o dito Migueel Eanes por min et pola dita myna moller para reparar as ditas casas e pagar cada anno a dita renda commo dito he obligo todos meus beens gaañados e por gaañar, et dou aynda conmigo fiador para esto conprir Domingo Eanes de Piñol notario d’Ourense, este presente e outorgante e obligante a esto todos seus beens. Et nos o dito cabidoo obligamos todos nossos beens para vos anparar e defender a dereito com as ditas casas sigundo que as tevo de nos o dito Domingo Perez eno dito tenpo que volas arrendamos. Et desto as ditas partes pediron a min chançeler senllas cartas partidas por .a.b.c. Feita a carta em Ourense xiiiiº dias de dezenbro, era de mill e trezentos e seseenta e oyto annos. Tests. que a esto presentes foron dom Verald’Afonso arçidiago, Martin Fernandez e Affonso Lourenço coengos, Gonçalvo Rella moordomo do dito cabidoo. Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e este meu sinal y puge en testemunyo de verdade

(sinal)