GMH/ÍNDICE A-Z

372
1365, abril, 8
foro

O bispo frei Afonso afóralles a perpetuidade a Álvaro Sánchez e á súa muller, Tareixa Iáñez, a metade dunha herdade e cortiña en San Pedro da Mezquita por quinta e un capón.

ACOu, Bispo, 119

Sabean quantos esta carta viren commo nos don frey Afonso da orden de San Françisco por la gra de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense, damos e outorgamos a foro a vos Alvaro Sanches morador en Ourense na rua do Pumar e a vosa e a vosa moller Tereija Anes que non he presente e a toda vosa vos para senpre a meatade da herdade e cortyna que esta a su a igleia de San Pedro de Mesquita con todas suas arvores e froyta que estan na dita cortyna, a qual meatade da dita cortiña e arvores demarca da huna parte por a outra meatade desta cortiña que vos o dito Alvaro Sanches teedes aforada e vos aforou don Johan de Cardallaque obispo que foy d’Ourense nosso anteçesor que foy et da outra parte topa na outra herdade do noso casar de Çedofeita e vay topar no postigoo por hu entran aas nosas casas da igleia de Mesquita. Aforamos vos a dita meatade da dita herdade e cortina con todas suas arvores e entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças por hu quer que as ajan e devan daver de dereito, sub tal condiçon que a lavredes e paredes ben en tal maneira que non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento por vos o dito Alvar Sanches ou por outro lavrador ou lavradores que a lavren, a quen vos o dito Alvar Sanches ou vosa vos quiserdes arrendar ou aforar. Et daredes ende a nos o dito señor obispo ou aos bispos que pelo tenpo foren de cada anno a quinta parte do pan que deus der na dita herdade e cortyna, et por dereitura da froita que deus der na dita cortyna e herdade daredes huun capon por dia de San Martiño do mes de novenbro. Et do al que ajades a dita meatade da dita cortyna e herdade e arvores de desemo a deus e livre e quite doutro enbargo e encarrego alguun. Et se vos o dito Alvaro Sanches ou vosa vos a quiserdes vender, deytar ou subpynorar ou obrigar que seiamos nos ante frontado ou nosos subçesores que pelo tenpo foren, et non na querendo nos ou nosos susçesores que estonçe a vendades, deytedes ou subpynoredes ou obrigedes aa tal pesoa que seia semellavel de vos que seia tiudo e obrigado de lavrar e parar ben e pagar e faser e conprir e agoardar todas las cousas e condiçoes que en esta carta son contiudas e cada huna delas. Et outrossi he posto ontre nos o dito señor obispo e vos o dito Alvaro Sanches por quanto as nosas casas que estan en Mesquita estan derribadas e danificadas que vos las damos para qual quer lavrador a que vos ou vossa vos teverdes aforados os ditos aforamentos que vos o dito Alvar Sanches teedes enna dita nosa freigisia de San Pedro de Mesquita, as quaes casas vos damos que as ajades sen foro e çensso e sen outro trebuto e encarrego alguun, salvo se o noso moordomo que agora he ou for daqui endeante quisser poer y alguun pan en goarda en quanto coller a dita novidade de pan. Et obrigamos os beens da nossa mesa para que vos e a dita vossa moller e toda vossa vos seerdes senpre defesos e anparados a dereito con esto que vos aforamos commo dito he. Et eu o dito Alvaro Sanches por min e por a dita miña moller que non esta presente e por toda miña voz asi o outorgo et resçebo en min a dita meatade da dita cortina e herdade con suas arvores e as ditas casas que me vos o dito señor obispo aforades commo dito he, et obrigo todos meus beens gaanados e por gaañar para lavrar e parar ben e para as faser lavrar e pagar o dito foro e conprir e agardar as condiçoes desta carta e cada huna delas. Posto foy e outorgado que qual quer de nos as ditas partes que contra esto pasar que peyte aa parte que o conprir e agoardar por nome de penna çen mor. da boa moeda e a penna pagada ou non esta carta e aforamento sobre dito fique firme e valla agora e daqui adeante para senpre. Feyta a carta en Ourense, oyto dias do mes dabril, era de mill e quatroçentos e tres annos. Tests. que a esto presentes foron Gonçalvo Anes abbade da Castineira e Martin Dies e Johan Gonçalves do Canto e Johan Yanes de Graadeira coengos d’Ourense e Gonçalvo Vynagre escudeiro do dito señor obispo e Afonso Yanes adegueiro do dito señor obispo e outros.

Eu Alvaro Gonçalvez prelado da igleia de Santa Maria do Paao e notario pubrico da çidade d’Ourense e dos coutos e lugares do bispo e enna sua casa e audiençia e chanceleria por la igleia dese lugar chamado e presente foy e confirmey e escripvi meu nome e signal y puge en testimoyo de verdade que tal he.

(sinal)