GMH/ÍNDICE A-Z

1021
1428, xuño, 25. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Monteiro, cóengo, e a dúas voces uns terreos edificables na cidade por renda anual de catro marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 157 r.
   

Saban quantos esta carta de aforamento viren como nos as personas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o tesouro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, et con outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et averbo a vos Juan Monteyro, coengo en a dita iglesia de Lugo, et a outras duas persoas depoys de voso finamento huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, con condiçon que seian clerigos, as praças das casas que estan en a çibdade de Lugo en que morou o tesoreyro, don Diego Gomes, as quaes estan cabo as casas en que morou don Alvaro Dias, arçidiago que foy de Aveancos, que ora ten Juan Garcia de Melgosa, thesoreyro de Lugo, et topan en a casa en que morou Rodrigo Afonso de San Jullao en que ora mora Fernan Rodrigues Trabeso, as quaes son sub o dito sino da Capela de Santiago de Lugo, as quaes praças vos damos et aforamos con todas \suas/ entradas et seydas et jures et pertenenças, a a tal pleito et condiçon que vos tenades as ditas praças das ditas casas çerradas de parede, segundo que ora estan, et en boo paramento segundo que ora estan çarradas, et se entenderdes que vos compren que façades en ellas casas; et dedes et paguedes delas de penson cada ano, a o moordomo et rendeyro dos aniversarios, quatro moravedis de longos cada ano por dia de Natal, con condiçon outrosy que a postrimeyra persoa que subçeder en o dito foro que seia tiuda et obligada de viir mostrar et presentar en o dito cabidoo et notificar como he foreyra et persoa do dito foro ata triinta dias primeyros seguentes ata triinta dias primeyros seguentes (sic), et non no fasendo asi que por eso meesmo feyto perga o dito foro. Et a finamento da postrimeyra persoa que suçeder en o dito foro que as ditas praças et casas fiquen çarradas et ben reparadas a a dita iglesia et aniversarios dela con todos outros boos paramentos que en ellas foren feytos.

Et eu, o dito Johan Monteyro, que presente estou asi reçebo o dito foro das ditas praças para min et para as ditas persoas, et obligo a min et a meus bees de comprir et pagar et atender segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, asi vo lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fesese delo duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Juan Monteyro, et vosas persoas et outra que a lançase en o libro do cabidoo et as signase de seu signal.
Feyta et outorgada en a çibdade de Lugo, viinte et çinquo dias de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et oyto anos.

Testemoyas que outorgron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; Pedro Lopes, Lopo Fernandes, Fernan Peres, Juan Dias, Nuno Gonçalves, Afonso da Bayla, Juan Roys, Afonso Rodrigues, Fernando Eanes, Roy Ferrnandes, raçoeyros.
Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este contrauto fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.