GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1092
1452, marzo, 15 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo arréndalle ó arcediago de Dozón, durante a súa vida, a metade da igrexa de Santa María de Reiriz por renda anual de 50 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 2 r.
   

Sepan quantos esta carta de arrendamento viren como nos as personas, canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en a dita iglesia çerca da porta dos orgoos per son de canpana tangida, segundo que avemos de uso et de custume, con consintimento et outorgamento de Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea en a dita iglesia, et administrador da administraçon do mes de março en terras do Inço et do Mao da Somoça, outorgamos et conosçemos por esta carta que arrendamos a vos Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon en a dita iglesia, por en toda vosa vida a meatade sin cura da iglesia de Santa Maria de Roeriz sita en a administraçon do mes de abril, de que vos sodes administrador, a qual dita iglesia de Santa Maria de Roeriz he da nosa mesa et anexa a a dita nosa administraçon do mes de março, a qual vos arrendamos, como dito he, por toda vosa vida con todos los dizemos et froytos et rentas et foros et casas et vinas et herdades et caneyros et pesqueyras et moynos et bodegas et lagares et çensos et tributos et outras quaesquer dereyturas et cousas a a dita meatade sin cura da dita iglesia perteesçentes et perteesçer debentes en qual maneyra et por qualquer razon et a nos por razon da dita anexaçon, ou en outra qualquer guisa, non obstante qualquer foro ou arrendamento [...] desto feyto por la qual dita meytad finava da dita iglesia et froytos et rendas et dereytos a ela perteesçentes nos avedes de dar et pagar, en cada ano, a nos et a noso mayordomo et distribuydor das nosas rentas çinquoenta maravedis de moneda vella de longos, et que os paguedes cada ano dentro en a çiudade de Lugo por dia de San Martino de nobenbre, a o dito noso mayordomo, delo dia que paçificamente ouverdes a posison da dita meatade sin cura da dita iglesia endiante en cada ano. Et a o tempo de voso finamento que a dita iglesia et cousas a ela perteesçentes fique libre et quita et desenbargada a nos, o dito cabidoo, et a nosa mesa con todas las rentas et frutos et dereyturas a ela perteesçentes, et obligamos a nos et a todos nosos beens, espirituaes et temporaes, avidos et por aver et os da tabla et mesa do dito cabildo de vos fazer saao et de paz este dito arrendamento por toda vosa vida, segundo dito he, et de vos lo non tynir por mays nin por menos nin por al tanto con as condiçoes sobreditas et con cada huna delas.

Et eu o dito Gomes Garçia, arçediano sobredito, que estou presente asi reçebo en renta de vos, os ditos senores do dito cabildo, por en toda mina vida a dita meatade sin cura da dita iglesia de Santa Maria de Roeriz con todos los frutos et rentas et outras quaesquer cousas a ela perteesçentes, et obligo a min et a meus beens, mobles et rayzes, eclisiasticos et seglares, espirituales et temporaes de pagar os ditos çinquoenta maravedis de longos, segundo dito he, en cada un dos ditos anos por en toda mina vida despus que, como dito he, ouver et teber paçificamente a posison da dita meatade syn cura da dita iglesia. Sobrelo qual et cada cousa et parte delo nos anbas las ditas partes et cada huna de nos renunçiamos et partimos de nos et de cada huna de nos toda [...] todo foro, et todo dereyto canonico et çebil como general et muniçepal de partida ou de foro escripto et non escrito et todo outro tenpo et dia feriado et non feriado, et toda força et conçepçion de engano et plaso de consello et de avogado, et demanda en escripto et o traslado dela et desta carta non aiamos nin ho posamos aver aynda que o pidamos, et todas et quaesquer outras rasoes et exçepçoes et defensoes quaesquer que p[...]diamos ou posamos aver asi de feyto como de dereyto que contra esta carta seian, ou contra parte et cousa do que en ela conten, que nos non valla nen nos seian oydas nin resçebidas en juizio nin fora del, et generalmente sobre todo elo renunçiamos et partimos de nos et cada huna de nos la ley et dereyto en que dise que general renunçiaçion non valla. Et porque esto seia çerto et firme et non vena en dulta nos anbas las ditas partes outorgamos duas cartas feytas en a forma sobredita huna para vos, o dito arçediano, et outra para nos o dito cabidoo.

Que foy feyta et outorgada en o lugar sobredito, dia quarta feyra, quinse dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et dous anos.

Testigos que a todo o sobredito foron presentes: don Afonso Martines, chantre; don Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; et Diego de Cordido, arçediano de Triacastela; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, tesoreyro; et Pedro Afonso, et Gomes Vasques, Juan Ares, Diego Ferrnandes de Luazes, Juan Vidal, Diego Vaasques, Lopo Garçia, Alvaro Rodrigues de Goyoso, Johan de Parrega, canonigos, capitulantes da dita iglesia et outros.