GMH/ÍNDICE A-Z

1237
1475, abril, 7. Lugo
O vigairo lucense afóralles a Leonor Alonso e a dúas voces unha casa na Porta Miñá por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/16, perg. orix., galego, cortesá, 320 x 230 mm.

Saban quantos esta carta de foro viren como eu Diego Gonçalves de Fonteyta, arçediano de Triacastela, provisor et vigario general por lo moy reverendo senor don Garçia de Vaamonde por la devinal graçia, Obispo de Lugo, oydor da Audiençia de noso senor el Rey et do seu Consello, por poder sufiçiente que teno do dito meu senor Obispo para faser o a juso contiudo, o qual por ante min o a juso notario presentou, en o qual se contyna entre outras moytas cousas huna clausola en espeçial que desia asy: «et eso meesmo dou meu poder conplido a o dito arçediano que con acordo et consello do reverendo senor frey Fernando de Bolano, mestre en santa theologia et menistro da orden de San Françisco en a provinçia de Santiago, que fesese foro a Lyonor Alonso, muller que foy de Gonçalvo de Castro, da casa que entre anbos moravan et agora ten a dita Lyonor Alonso, por la contia et personas que a elles ben visto fose, a qual casa jas a a Porta Minaa sub signo da Capella de San Pedro contra a parte de bayxo, et jas en braço con huna casa en que mora Fernan Lopes d’Arcos, alfayate, et contra arriva fere hun [...] en a praça do poço da Porta Minaa, et sal a a porta prinçipal en fronte de huna casa dos aniversarios que ten Tereyja Garçia de Costante, et a outra porta traseyra en o camino que deçende para a Porta Minaa». Et eu, o dito arçediano et provisor, por vertude do dito poder a min dado et con consintimento et acordo do dito senor menistro, que presente esta et a elo da seu consintimento, fago foro et aforo a vos, a dita Lionor Alonso, a dita casa et a outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento desta vida presente, et se non for nomeada que seia aquela que dereytamente herdar vosos bees et asi suçesivamente, con todas suas entradas et saydas et aguoas vertentes de fondo da terra fasta arriba quanto vos quiserdes, et con tal pauto et condiçon que dedes et paguedes vos et as ditas personas despoys de vos, en cada hun ano, por San Martyno de nobenbre, dentro en esta çibdade de Lugo seys maravedis vellos da moeda corrente a o dito meu senor Obispo et a seus suçesores et a os colledores en seu nome, et que vos et as personas despoys de vos que apostedes et reparedes ben as ditas casas por modo que falesçidas todas las ditas personas que as ditas casas queden ben apostadas a o dito senor Obispo et a seus suçesores con todos los voos paramentos que en elas feseren.

Et eu, a dita Lyonor Alonso, asi reçebo de vos, o dito provisor et menistro, as ditas casas con todas las condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees, moveles et rayses, et os das personas depoys de min, de o asi gardar et conplyr.

Et eu, o dito provisor et menistro, asi vos lo outorgamos, en testemoyo do qual vos mandamos dar esta nosa carta firmada do nome do dito provisor et seellada con o seelo do dito senor Obispo et signada do notario de juso escripto.

Que foy outorgada do notario en a iglesia cathedral da iglesia de Santa Maria da çibdade de Lugo, a sete dias do mes de abril, do ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta et çinquo anos.

Testigos que foron presentes: Diego Vasques, canonigo da iglesia de Lugo; et Juan de Meylan, clerigo do coro da dita iglesia; et Alvaro Gomes de Costante, et Roy de Martyn, vesinos da dita çibdade.

Et eu Diego Fernandes de Luases, canonigo da iglesia de Lugo et notario publico por la autoridade apostolical, a todo o sobredito en hun con os sobreditos testigos presente foy, et este presente pubrico estromento de foro por outro fielmente como pasou fige escribir, et aqui puge meu signo et nome acostumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.