GMH/ÍNDICE A-Z

1190
1469, abril, 26 mércores. Lugo
Acta notarial pola que o arcediago de Neira e o cóengo Pedro Méndez tomán posesión no nome do Cabido dunhas casas na cidade, que lle entregan a Afonso de Lanzós, a quen lle foran outorgadas en pensión.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 39 v.

En a çibdad de Lugo, miercoles, viinte et seys dyas de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et nove anos. En presençia de min notario et testigos de juso escriptos os honrrados Alvaro Rodrigues de Goyoso, arçediano de Neyra, et Pedro Meendes, canonigo en a dita iglesia, vieron a hunas casas que estan en a dita çibdade con seu corral et orta açerca da iglesia de Sant Romaao a a parte do muro da dita çibdade, que son do dito cabildo, et foron de don Fernando de Castro que as do dito cabildo tevo por çerta pension et escanbea, et diseron que eles por sy et en nome do dito cabildo et por mandado das personas et benefiçiados del que segund que mellor podian et devian de dereyto reçebyan et reçeberon as ditas suas casas con sua orta et saydo et con todos seus anexos para a dita iglesia de Lugo et cabildo dela de aqui endeante para senpre, por quanto o senor don Carlos de Castro, fillo do dito don Fernando, non avia conprido, nen pago, nen feyto saa et de pas a escanbea et pensyon que o dito seu padre dera a a dita iglesia, et pasava de quatro anos et mays tempo que a non pagara nen saneara como era obrigado de dereyto, et en o recabdo que o dito seu padre delas oubera se contyna, non enbargante que por lo dito cabildo fora requerido para elo quanto mays que as ditas casas estavan desypadas et destruydas et se destruyrian mays se a dita iglesia et benefiçiados dela non proveesen en elo, asy que tomaron as pedras et terra da dita casa et curral en suas maaos et dyseron que asy ha reçebyan et se davan et deron por apoderados en o jur et posesion delas, et por quanto o dito cabildo as avia dado en pensyon a o honrrado senor Afonso de Lançoos, que presente estava, por tal que as reparase, cubrise et aderençase et asy as mantevese el et seus desçendentes, segund estava en o contracto que çerca delo entre el et os senores do dito cabildo avia pasado, diseron que por mandado do dito cabyldo et en seu nome et da dita iglesia de Lugo davan et deron de poseer corporal, real, abtual vel quasy das ditas casas con sua orta et saydo et seus anexos a o dito senor Afonso de Lançoos para que de aqui endeante por la dita posyson as oubese, usase et poseyese por suas et como suas por vertude do dito contrabto que delas tyna, o qual asy reçebeu a dita posyson et diso que se dava et deu por entrego et apoderado dela, et de como esto pasava diso que pedia et pedeu a min, o dito notario, que llo dese asy todo por instromento sygnado para guarda do dereyto do dito cabildo et iglesia de Lugo et seu en seu nome, et rogou a os presentes que fosen delo testigos.

Que foron presentes: Alvaro de Mera, alcalde da dita çibdade; et Fernando de [...]; et Fernando de Lagea, et Garçia Lopes de Laieas, escudeyros; et Pedro de Riba de Neyra; et Gonçalvo Yanes de Castroverde, notario, et outros.
Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da ciudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et este publico instrumento de resçebemento et posison dada, segundo ante mi pasou, por outro fielmente fis escripvir et en meu registro et protocolo ho sentey, et por ende fis aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.