GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1308
1479, setembro, 6 luns. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Arias de Castrelo e a dúas voces unha casa na rúa lucense de San Pedro, freguesía de Santiago, por renda anual de vinte marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 64 v.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos las personas canonigos et benefiçiados da yglesia de Lugo, que abayxo seran nombrados, sendo juntados en noso cabilldo chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, dentro en a dita yglesia ante a porta por donde soben a as bovedas, damos aforo et avervo a vos Arias de Castrelo, çapateyro, morador a a porta de San Pedro, et a outras duas personas despois de vos, que seian fillos ou fillas se os teberdes a o punto de voso finamiento, et non os teendo que seia quen herdar vosos bees de dereyto ou a mayor parte deles. Conben a saber que vos aforamos una nosa casa, que pertesçe a os aniversarios desta nosa yglesia, a qual dita casa esta sita et locada en esta çibdad de Lugo en a rua de San Pedro, su o signo da Capela de Santiago, que foy de Estebo de Montenegro, et he por terminos et lindeyros da una parte contra o Moesteyro Nobo una casa que foy de Fernando d’Agrelo, notario, en que agora mora Afonso Ferrnandes d’Agrelo, notario, seu fillo, et da outra parte contra a Porta de San Pedro esta junta con outra casa que he dos ditos aniversarios et mora agora en ela Afonso de Saabedra, et sal en a rua publica que ben para a Porta de San Pedro. A qual dita casa vos aforamos con sua orta et saydo et con todas las outras cousas que lle perteesçen de feyto et de dereyto desde lo çeo fasta a terra, a tal pleyto et condiçion que a tenades feyta, cuberta et ben reparada por vya que se non perga por mingoa de laborio et boo paramiento. Et dedes de foro et renda, en cada un ano, viinte maravedis de moeda vella, contando tres brancas vellas et un dineyro por cada moravedi, et que os pagedes por cada dia de San Martino de nobenbro a o mayordomo et colledor das rendas dos ditos aniversarios, en cada un ano. Con condiçion que cada persona que despois de vos suçeder por persona deste foro que seia tiuda et obligada do dia que en el suçeder por persona fasta trinta dias de se viir mostrar et presentar ante nos, ou ante nosos suçesores, como he persona, su pena que se o asy non feser que por ese mismo feyto pergan o dito foro et se torne a o dito cabilldo et aniversarios, cuio he. Et asimesmo que este foro que o saquedes seelado con o selo do cabilldo et se asi non feserdes que por ese mesmo feyto o pergades.

Et eu, o dito Arias de Castrelo, que presente soo por min et por las ditas personas asi reçebo de vos, los ditos senores do dito cabilldo, este dito foro por los ditos viinte maravedis vellos, en cada ano, et con todas las outras condiçoes arriba contiudas. Et nos, lo dito cabildo, asi vos lo otorgamos, et porque seia çerto mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en hun thenor una para vos, o dito Arias de Castrelo, et vosas personas et outra para nos, o dito cabilldo.

Que foy feyto et pasou todo o sobredito en o dito lugar, dia lunes, seys dias do mes de setembro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et nobe anos.

Foron presentes a outorgar lo sobredito: Juan Afonso, chantre; Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia, arçediano de Deçon; et Gomes Arias, thesoreyro; et Diego Vasques, et Johan Arias de Parga, et Pedro de Mera, et Ruy Dias de Freyxo, et Alvaro Martines de Galdo, et Gomes Fernandes, et Andres Gonçalves, et el bachiller, Pedro Fernandes de Villafranca, et Maçia Alfonso de Valboa, canonigos et capytolantes. Testigos que foron presentes: Gomes Dourado, et Pedro de Parga, et Rui Lopes de Teyxeyro, et Juan Afonso, et Juan Ferrnandes de Castro, sanchristan, et Pedro Ferrnandes de Aguiar, clerigos do coro de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en un con os ditos capitulantes et testigos presente foy et esta carta de foro, segundo por las ditas partes ante mi foy outorgada, seendo ocupado de outros negoçios, por otro fielmente fis escripvir et por ende fis aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdad. Rogado et requerido.

Materias

administración; aniversario; arcediago; bacharel; beneficiado; bóveda; campá; canon foral; casas; catedral; chantre; cóengo; convento; coro; crego; dignidades; escritura; familia; festa; fidalgo; fillo; horta; linde; marabedí; mesa capitular; mordomo; mosteiro; muralla; notario; notario apostólico; pai; porta; Porta de San Pedro; rendeiro; rúa; selo; zapateiro; cabido

Persoas

Afonso de Saavedra; Afonso Fernández Agrelo, notario; Áfonso Martínez de Galdo, cóengo de Lugo; Álvaro Díaz da Lama, arcediago de Sarria; André González, cóengo de Lugo; Diego Vázquez, cóengo de Lugo; Estevo de Montenegro; Fernando de Agrelo, notario; Gómez Ares de Covelo, tesoureiro de Lugo; Gómez Dourado, crego do coro de Lugo; Gómez Fernández de Rois, cóengo de Lugo; Gómez García de Gaioso, arcediago de Dozón; Macías Afonso de Valboa, cóengo de Lugo; Pedro de Parga, crego do coro de Lugo; Pedro Fernández de Aguiar, crego do coro de Lugo; Pedro Fernández de Mera, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Vilafranca, cóengo de Lugo; Roi Díaz de Freixo, cóengo de Lugo; Roi López de Teixeiro, crego do coro de Lugo; Xoán Afonso Picado, chantre de Lugo; Xoán Afonso, crego do coro de Lugo; Xoán Ares de Parga, tesoureiro de Lugo; Xoán Fernández de Castro, sancristán; Ares de Castrelo, zapateiro

Outros

Lugo, cabido

Lugares

Agrelo; Aguiar; Castrello; Castro; Dozón; Freyxo; Gaioso; Galdo, Santa María; Lugo, Santa María a Nova, mosteiro; Mera; Montenegro, antiga xurisdición; Parga, antiga xurisdición; Sarria; Valboa, antiga xurisdición; Vilafranca do Bierzo