GMH/ÍNDICE A-Z

40

1417, abril, 24.
O Concello ordena que as persoas que foran peñoradas por razón do repartimento deste ano na alcabala do viño, pagasen as cantidades debidas no prazo de tres días e, en caso contrario, as garantías serán vendidas.

Viiente et quatro dias do mes de abril. Sabean todos que eu Juan de Voado, clerigo, connosco et outorgo que reçeby de Gil Peres, canbeador, procurador do conçello da çidade de Santiago çento et çinquoeenta maravedis, contando blanqua a tres dineiros, os quaes maravedis me el pagou en nome do dito conçello et os quaes eu ouve de aver este anno da feita desta carta por rason de meu selario de armar o relogio et dos quaes moravedis me outorgo por entrego et ben pagado et renunçio a toda eixençon que non diga ende o contrario et a a ley etc. Testemoyas Martin Serpe cidadãao da dita çidade et Gonçalvo de Millares alfayate, vesiño da dita çidade.