GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

462
1393, xaneiro, 11
foro

Martiño Iáñez de Gordón afóralles a tres voces a Gonzalo Gómez e á súa muller, Sancha Fernández, o casal de Cedobén, en Santa Baia de Beiro, por tres fanegas de centeo, unha galiña ou 1 mr. por dereitura e 20 soldos por loitosa.

ACOu, Clérigos do Coro, 90

Sabean quantos esta carta virem que eu Martin Anes de Gordom çidadao d’Ourense, dou a foro a vos Gonçalvo Gomez que sodes presente e a vosa moller Sancha Fernandes que non he presente en vosa vida danbos et a tres voses o pustrimeyro de vos huna pus outra suçesive quaes foren nomeadas \ou/ que seian voses as que de dereito herdaren os vosos beens. Dovos a foro o meu casal de Çedobem, que ias enas Caveancas de Beyro, fregesia de Santa Vaya de Beyro, o qual casal a min perteençe porla erença de Domingo Afonso çidadao que foy d’Ourense, por tal pleito e condiçon que o moredes e o lavredes e paredes ben que se non perca de mao paramento nen defalesca por reparamento. Douvos a foro o dito casal con entradas e seydas e con todas suas arvores et dereitos et pertinenças por hu quer que as aia e deva daver de dereito, pollo qual casar me avedes de dar de cada hun anno por dia de Santa Maria dagosto ou todo o dito mes tres fanegas de çenteo boon linpeo e seco en esta çidade d’Ourense por fanega dereita da praça vos e as ditas voses a min e a toda myña vos et por dereitura huna gallina boa ou huun mor. pr ella, et outrosy me av[e]des de dar por loytosa a morte de vos e das ditas voses e de cada huna dellas vinte soldos de diñeiros brancos contados quatro diñeiros por tres soldos, et vos et as ditas voses averdes o dito casal livre quite de min e de miña vos eno dito tenpo. Et se quiserdes vender ou deytar o dito casal que seia eu ante frontado ou myña vos con o justo preço et se o eu ou myña vos non quisermos porlo justo preço que enton vendede ou deytade o foro do dito casal aa tal pesoa que seia voso semelavyl que cunpra et agarde as condiçoens desta carta, et para seerdes a[n]parado et defeso a dereito con o dito casal que vos aforo eno dito tenpo obrigo a vos o dito casal e os outros meus beens. Et eu o dito Gonçalvo Gomes por min e porlla dita myña moller e pollas ditas voses asy reçebo de vos o dito Martin Anes o dito casal que me aforades commo dito he, et para lavrar et pagar et conprir e agardar as condiçoens desta carta e cada huna dellas obrigo a vos todos meus beens gaañados et por gaañar, et |et| he posto que o dito Martin Anes que quite ao dito Gonçalvo Gomes o pan do primeiro ano. Posto foy et outorgada pena ontre as ditas partes que qual quer dellas que a esto que dito he non quiser estar et conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir quiser por nome de pena et interese çen mor. de diñeiros branco[s] et aa vos del rey outros tantos et a dita pena pagada ou non que a dita carta valla e aia firmydume eno dito tenpo. Et desto as ditas partes mandaro[n] fazer duas cartas en huun tenor. Feyta a carta en Ourense, o[n]ze dias do mes de janeiro, ano do naçemento de noso señor Jiehsu Cristo de mill e tresentos e noventa e tres anos. Testemonyas que foron presentes Pero de Gordom e Johan de Requeixo et Gonçalvo Vello escripvan et Pero Lourenço lavrador moradores en Ourense et outros.

Et eu Garçia Peres notario publico da çidade d’Ourense pollo bispo e igleia dese lugar que a esto presente foy et o escripvy et meu nome e meu synal aqui fige en testemonyo de verdade qual he.

(sinal)

[reverso] Carta de foro do casal de Çedoben que jaz aas Cabeanqas de Beyro. Et enna Cabeanqa está o outro lugar de Portomarin.