GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

527
1434decembro, 15
Vasco Gómez afora a unha voz a Afonso Louzao, morador en Rubiás, e a Afonso Lourenzo, morador en Vales, a cada un a metade, o lugar de Sever, na freguesía de Santa Baia da Agoada, coa condición de repararen as casas e pagaren entre ambos catro moios de pan centeo e dúas porcallas, e as voces cinco moios, as dúas porcallas e dous carneiros. (fols. 163-164)

Carta de Afonso Lourenço e de Afonso Lourenço. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Vaasco Gomes, fillo legitimo de Vasco Gomes d’Oseyra et de Mariña Rodrigues, dou et outorgo, aforo a vos Afonso Lour Louçaao que sondes presente, et a vosa moller Elvira Anes que non he presente, moradores en Robyaas enna huna ameatade, et a vos Afonso Lourenço que sondes presente et a vosa moller Costança Peres que non he presente, moradores en Valles a cada h enna outra ameatade, et a huna voz despois do finamento de vos e de vosas molleres, conben a saber que vos aforo o meu lugar de seber que jaz enna freigesía de Santa Baya da Agoada, o qual dito lugar vos aforo con todas casas e erdades et arvores et soutos et cortinas et pastos, a montes e a fontes et con todas suas entradas e seydas etç. por tal condiçon que corregades as casas do dito lugar en estes dous annos primeiros sigentes, et labredes et paredes ben as ditas herdades et manteñades o dito lugar en boon revor en tal maneira como non desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento, et que o moredes por vos ou (fol. 163)

por outro en voso nome, et diedes et pagedes por lo dito lugar de foro en cada hun anno en paz et en salvo a min e a miñas voses vos et as a ditas vosas molleres en vosas vydas quatro moyos de pan de çenteo, de que fasen quatro fanegas o moyo, medido por medida dereyta da praça d’Ourense \por en todo o mes de agosto, linpo de poo e de palla, cada huun enna sua ameatade/ et mays por cada día de natal cada hun sua porcalla escaldada, que sejan booas, et a dita voz que despois de vos veer que page çinqo moyos do dito çenteo por la dita medida, o qual ha de dar en todo o mes de agosto linpo de poo e de palla et mays por lo dito día de natal as dita duas porqallas et dous carneiros, et do al \que ajades/ de disemo o dito que ajades o dito lugar de disemo a deus livre et quite de todo outro trebuto, çenso e encarrego alguun, et se quiserdes vender etç. et et obrigo todos meus beens e os beens que a min son obrigados, movelles et reyses, avidos e por aver para vos faser saao et de paz o dito lugar et para vos defender con el a dereito, et nos os ditos Afonso Louçaao et Afonso Lourenço cada huun enna dita ameatade asy reçebemos de vos aforado o dito lugar et obrigamos nosos beens de pagar o dito foro dos ditos quatro moyos de pan, cada huun a sua ameatade et cada hun a dita porcalla et a dita nosa vos os ditos çinqo moyos et as ditas duas porqallas et dous carneiros (fol. 163v)

et conpriremos as condiçoens etç. et qual quer de nos as ditas partes, penna quiñentos mrs. etç. Tests. que foron presentes Afonso Yanes raçoeyro enna igleia d’Ourense et Afonso Vasques de Vaamonde et Sancho de Santa Ougea et Vaasco d’Ouris. Feita a XV dias de desenbro, anno sobre dito.