GMH/ÍNDICE A-Z

440
1388, marzo, 13

arrendamento

O cabido arréndalle vitaliciamente ao escudeiro Lopo Rodríguez de Ourantes o couto de Xubín coas casas de Ribadavia e os lugares de Avelaos e Revordaos, con poder para aforalos, por 600 mrs.

ACOu, Escrituras IV, 25 (incluído no documento do foro realizado o 1 de febreiro de 1401).

Sabean quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da igleia d’Ourense seendo juntados em noso cabidoo por canpaan tanjuda segundo que avemos de huso e de custume de nos ajuntar a fazer cabidoo et outrosi consentemento de Roy de Montes coengo enna dita igleia d’Ourense e vigario do dean ennos contrautos do cabidoo, damos et outorgamos em renda a vos Lopo Rodrigues d’Ourantes escudeiro morador enno noso couto de Juvyn em vosa vida tan solamente e mais non, o noso couto de Juvyn con (...) e con as casas de Ribadavia e todas las outras cousas que perteençen ao dito couto e lugares de Juvyn e de Avelaos e Revordaaos e con todas suas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças segundo que aos ditos couto e lugares perteençen. Damos vos en renda o dito couto e lugares por tal condiçon que lavredes e paredes bem e façades lavrar e parar ben o dito couto e (...) herdades e vinas e posisoes delles en tal maneira que non desfalescan por mingoa de lavor e de boon paramento. Damos a vos o dito Lopo Rodrigues que posades deseneallear tod(...) dereyturas que foron enaelladas et ocupadas non devidamente que aos ditos couto e lugares perteençen e nos por rason deles, e outrosy que posades demandar todas las maas paranças e novidades (...) tenpo pasado et des aqui adeante que a nos de dereito foren e som devidas et outrosy que posades demandar por vos ou por vosos procuradores ou por vosos çertos mandados todos los froytos (...) et todas las outras cousas que o dito couto e lugares perteençen e a nos por nome delles perteençer deven de dereito em qual quer maneira. Outrosy vos damos poder que posades aforar todas las erdades e viñas e posisoes mal paradas ata foro de quarta ou de quinta licito e canonicamente os dedes ende a nos o dito cabidoo de renda cada anno em salvo por los ditos couto e lugares e casa aos terços do anno segundo custume do cabidoo enna çidade d’Ourense non enbargante grando nen geada nen roubo nen toma nen outro caso fortuyto algun seiscentos mor. de longos de diñeiros brancos de oito en soldo cada mor. e livres e quites de todo outro enbargo. Et este poder vos damos para as cousas sobre ditas tam conpridamente commo o nos avemos, e outrosy he posto que se contenda recleçer entre nos o dito cabidoo et vos o dito Lopo Rodrigues sobre rason dos ditos couto e lugares ou sobre parte delles que se termii por dous omes boons de nos o dito cabidoo tomados a praser das partes, toda outra apelaçon remota. Outrosy he posto que vos o dito Lopo Rodrigues que cubrades e apostedes o noso paaço de Juvyn con sua adega e camara que a nos perteençe, e para os o dito cabidoo obrigamos os beens da nosa para vos defender e anparar a dereito con o dito couto e lugares que vos arrendamos segundo sobre dito he, eu o dito Lopo Rodrigues que soon presente asy o reçebo de vos o dito cabidoo e omes boons del os ditos couto e lugares que me arrendades segundo dito he et para os lavrar e defender e faser lavrar e parar bem obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar, e de mays para o asy teer e conprir e agardar (...) conmigo fiador e devedor e prinçipal pagador Gil Rodrigues coengo enna igleia d’Ourense, o qual fiador he presente e outorgante e obrigou todos seus beens ganados e por gaanar aa dita fiadoria, e eu o dito Gil Rodrigues que soon presente (...) asy o outorgo e he posto entre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto pasar e o non quiser conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena dusentos mrs. da sobre dita moeda e a dita penna pagada ou non esta carta e o que em ella he contiudo fique firme e valla enno dito tenpo, e desto as ditas partes mandarom a min notario que fesese ende duas cartas feitas em hun tenor. Feita a carta enno dito noso cabidoo, trese dias do mes de março do anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e oytenta e oyto annos. Tests. que presentes foron Pero Fernandes e Estevo Lamela e Fernan Mateus raçoeiros enna dita igleia e Pero Afonso porteiro do dito cabidoo e outros.

Et eu Afonso Peres chantre e chançeller da dita igleia e çibdat de Ourense e notario publico por la autoridat apostolica ao que dito he con as ditas tests. presente fuy e ende esta carta publica, ocupado de outros negocios, puge escripvy por outro em miña presença e signeya de meu sygno acostumado por o dito Lopo Rodrigues rogado e requerido en testimunio de verdat.