GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

212
1325, agosto, 27. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo entréganlle en préstamo ao racioneiro Fernando Fernández un código e un dixesto.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 63r.

Era de mill et CCC et LX et tres annos, quatro dias por andar d’agosto. Don Fernan Aras, dayan de Lugo, et o cabidoo dese lugar que enton eran pressentes, dan a Fernan Ferrnandes, raçoeyro dessa yglesia, dous livros enprestados: hun codigo et hun digesto aparados, que os tenna et bea et aprenda por elles, et que os garde ben, et que os de a o cabidoo quando-llos pedir o dayan et o cabidoo, ou a mayor parte del. Et se por ventura se estes livros perderen, que este Fernan Ferrnandes que de por elles a o cabidoo oitoçentos maravedis desta moeda branca del rey don Fernando. Et Fernan Ferrnandes para esto obliga sy et seus bees movelles et reys yglesiarios et leygarios, ganados et por ganar; el jurou sobre santos evangeos, por sy corporalmente tangudos, que asy o comprise. Er de mais deu por fiadores: don Fernan de Deus, chantres, et Arias Perez de Parrega, coengo de Lugo. Este fiadores presentes et outorgantes cada hun en quatroçentos maravedis.

Testemoyas: don Fernan Aras, dayan; don Johan Beçerra, juys; don Pedro Savasches, thesoreyro; Fernan Alvares, Aras Perez, Fernan Afoso, coengos de Lugo; Afonso Rodrigues, Pedro Ferrnandes, Françisco Guillelmes, clerigos do coro, et outros. Eu Jacome Eanes, notario publico de Lugo, a esto presente foy escryvy. (+).