GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

461
1345, abril, 29. Lugo
O Cabido de Lugo dóalles a Domingo Martíns e á súa muller o quiñón dunha casa na rúa da Cruz e recibe a cambio outra casa situada na rúa Miñá.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 45r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Fernandes, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento dos coengos d’aniversario da dita nosa iglesia juntados en cabidoo por canpaa taniuda segundo que o avemos de usso et custume, da huna parte, et eu Domingo Martines, mercador, morador enna rua da Cruz, et mina muler Tareyia Peres, da outra, fasemos entre nos tal escambeo valledeyro para senpre: conven a saber que nos, dayam et cabidoo, damos a vos, Domingo Martines et Tareyia Peres, para vos et para vossa voz que aiades para senpre por iur d’erdade, hun quinon de huna casa que esta enna rua da Cruz, so signo da cappella de Santiago de Lugo, enna qual casa mora Fernando Eanes et sua muler Maria Domingues, o qual quinon que vos damos da dita casa fere de testada enna casa que foy de Pedro Domingues, odreyro, et da huna ylargada esta outra nosa casa et dos cappellaes, que ten de nos en vervo Eynes Lopes, et da outra parte fere enno cural da casa de vos o dito Domingo Martines; et este quinon da dita casa vos he dado pe-lla trave que esta travesa a a entrada da camera, segundo que vos lo marcaron et espaçificaron por nosso mandado Johan Diaz, coengo, et Johan Ferrnandes, raçoeyro, et Affoso Eanes, coengo d’aniversario.

Et nos, Domingo Martines et Tereyia Peres, damos et outorgamos-vos en escanbeo por lo dito quinon da dita casa a vos, dayam et cabidoo, para vos et para vosos suçesores que aiades para senpre por iur a meatade d’una casa que esta enna rua Minaa, sub signo da cappella de san Pedro, con todas suas dereyturas et pertenenças et entradas et seydas, enna qual casa mora Affonso Ferrnandes, carniçeyro, que esta da huna parte entre outra casa d’Affonso Rodrigues da rua Minaa, en que mora Marina Garçia, et da outra parte esta outra casa de Francisco Martines, notario de Lugo, en que mora Lopo de Paris, carniçeyro.

Et nos, dayam et cabidoo et coengos d’aniversario que estamos pressentes, et Domingo Martines et Tereyia Peres, outorgamos estes escambeos que nos damos huuns a outros, et obligamos nos et todos nossos bees para nos los faser senpre de paz por nos et por nossa voz et por nossos sucçesores, et prometemos de non viir contra esto por nos nen por outren; et logo nos damos huuns a outros o iur et a posison et a propriedade que avemos ennos ditos escanbeos, que nos damos huuns a outros, et por que esto seia çerto nos, dayam et cabidoo et coengos d’aniversario, que estamos pressentes, et Domingo Martines et Tareyia Peres, rogamos et mandamos a Affonso Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçese ende desto duas cartas en hun tenor, huna que pona no livro de nos o cabidoo signada con seu signal, et a outra que de a o dito Domingo Martines signada con seu sigal et seellada de nosso seello do cabidoo.

Que foron feytas viinte et nove dias d’abril, era de mill et CCC LXXXª et tres annos.

Testemoyas: o dito dayam, et don Fernando de Deus, chantres, et don Garçia Diaz, arçidiago de Sarrea, et don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra, et don Aras Pellaes, arçidiago de Deçon, et don Affonso Eanes, thesoreyro; Vaasco Diaz et Affonso Gomes et Fernando Affonso et Johan Gutierres et Johan Dias, coengos de Lugo; Fernando Peres de Piugos, et Fernando Eanes et Pedro Fernandes et Iohan Ferrnandes et Ruy Gomes et Gonçalvo Peres et Gonçalvo Rodrigues et Affonso Eanes, coengos d’aniversario ts.

Et eu Affonso Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por auctoridade do bispo dese lugar, a esto commo dito he con as ditas testemoyas pressente foy et a rogo et por mandado das ditas partes esta carta escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.