GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

593
1352, novembro, 10. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo outórganlles ao procurador de Vasco Pérez e á súa esposa un casal en San Salvador de Cellán e reciben a cambio o casal de Barbaín, nas freguesías de Santa María de Bóveda e San Fiz de Muxa.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 43r e v, inclúe carta de poder: 1352-X-29, (CD n.º 592).

Era de mill et tresentos et noveenta annos, des dias de novembro. Sabeam quantos esta carta virem commo nos dom frey Pedro Lopes da ordem dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et confesor do moyto alto sennor don Pedro, rey de Castella et de Leom, con outorgamento de dom Lopo Domingues, thesoreyro, et de Iohan Ferrnandes, coengo, vigarios de dom Diego Ferrnandes, dayan, et omes boos do cabidoo da nossa iglesia de huna parte; et eu Vaasco Peres de Çiro, dito [Sal], procurador de Iohan Ferrnandes de Bollanno et de dona Costança sua muller, por poder que aio delles por huna procuraçon feyta en esta maneyra por os que aio poder para esto da outra, d’aqual procuraçon he o tenor della este que se sigue:

A continuación insire a carta de poder (CD n.º 592)

fasemos entre nos tal escanbeo valledeyro, que valla para senpre iamays, conven a saber que nos, o dito sennor obispo, et cabidoo damos et outorgamos a vos, o dito Vaasco Peres, procurador sobredito, para o dito Iohan Ferrnandes et dona Costança, sua muller, que aian para senpre iamays por iur de herdade para elles et para toda sua vos, as nosas herdades et cassas et formaes, que perteesçen a o noso casal de Çella de Moesteyro, con todas suas dereyturas et pertenenças, entradas et seydas, arvores et formaes, a monte et a fonte, per ut quer que vaan sub signo de Sant Salvador de Çella de Moesteyro, o qual ora ten de nos en vervo Vaasco Rodrigues de Pallares, escudeyro. Et eu, o dito Vaasco Peres procurador sobredito, dou et outorgo a vos, o dito sennor obispo, para vos et para a dita vossa iglesia que aiades por iur d’erdade para senpre iamays en nome dos ditos Iohan Ferrnandes et dona Costança o casal de Barbeyn, o que chaman de Lea, con todas suas pertenenças et dereyturas, cassas, arvores et formaes, entradas et seydas, a monte et a fonte, per ut quer que vaan sub signo de Santa Maria de Bobeda, et de Sant Fiis de Muia; o qual casal os ditos Iohan Ferrnandes et dona Costança compraron d’Aras Castello et de sua muller, Miçia Affonso, filla que foy d’Affonso Peres de Lea et de Tareyia Eanes, sua muller, que foron.

Et nos, o dito sennor obispo, et cabidoo sobredito assy reçebemos de vos, o dito Vaasco Peres, o dito casal et herdamento segundo dito he, et assy vos outorgamos o outro nosso casal de Çela de Moesteyro enna maneyra que sobredita he et obligamos nos et todos nosos beens et da dita nossa iglesia de vos defender a dereyto con o dito cassal que vos damos en escambea.

Et eu, o dito Vaasco Peres, procurador sobredito, obrigo todos los beens dos ditos Iohan Ferrnandes et dona Costança de vos defender a dereyto con o dito casal et herdamento de Barbeyn segundo dito he. Et nos, o dito sennor obispo, et cabidoo et Vaasco Peres logo por esta presente carta nos metemos huuns a outros enno iur et posison et propiedade dos ditos cassares et herdades que nos damos en escambea huuns a outros, et des oie mays este dias toda propiedade et possison que nos avemos ennos ditos cassares et herdades cada huuns de nos as ditas partes ende seia sacado de cada hun de nos et posto ennos outros. Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos las ditas partes rogamos et mandamos a Ruy Gonçalves, raçoeyro notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor huna tal commo outra.

Que foron feytas en Lugo era et dias sobreditos.

Testemoyas que a esto presentes foron: don Fernan de Deus, chantres; dom Garçia Dias, arçidiago de Sarria; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deson; don Vaasco Dias, iuys; dom Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Dias, Iohan Ferrnandes; Rodrigo Affonso; Alvar Rodrigues, coengos da dita iglesia; frey Gonçalvo Eanes de Castroverde, frayre do moesteyro de Sant Domingo de Lugo, et outros.

Et eu Ruy Gonçalves, raçoeyro, notario publico de Lugo dado por auctoridade do dito sennor obispo, a esto presente foy con as sobreditas testemoyas et a pedimento das ditas partes esta carta en minna presença fis escrivir et puge y meu signal en testemoyo de verdade.