GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1014
1427, agosto, 25. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Pedro López e a dúas voces unhas casas na rúa de Batitalas, freguesía da capela de Santiago, por renda anual de 15 marabedís os primeiros beneficiarios e 18 marabedís a última voz.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 155 r.

Sabam quantos esta carta de aforamento viren como nos as persoas coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, et de consentimento et outorgamento de Lopo Fernandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Pedro Lopes do Corrego, mercador, morador en Adae, et a outras duas personas despoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela que vos nomeardes, as nosas casas, que son dos ditos aniversarios, en que morou Garçia Rodrigues, coengo, et despoys de nos tevo en foro Afonso Yanes pequenino, mercador, que estan en a çiudade de Lugo en a rua de Baticalas sub o signo da Capela de Santiago de Lugo, as quaes ditas casas vos damos et aforamos para vos et para as ditas personas con sua orta et poço et saydo et estrabariça, et con todas suas outras entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, segundo a nos perteesçe et segundo que as usaron et posuyron os ditos Garçia Rodrigues et Afonso Yanes, a a tal pleyto et condiçon que vos tenades as ditas casas feytas et cubertas et en boo paramento; et dedes de foro et penson en cada hun ano a o dito Lopo Fernandes, coengo, ou a qualquer que for rendeyro et moordomo dos ditos aniversarios, vos o dito Pedro Lopes et a segunda persona en vosas vidas quinse maravedis de moneda vella et de longos, et a terçeyra persona, que ficar et subçeder en o dito foro, que de et pague de cada ano de foro dez et oyto moravedis de longos, et que os paguedes de cada ano por dia de San Martino de novembro en pas et en salvo en a çiudade de Lugo en a moneda que se pagaren os outros aniversarios da iglesia de Lugo; et outrosy con condiçon que as personas que foren nomeadas do dito foro cada huna delas seia tiuda et obligada de vinir mostrar en o dito cabidoo como he persoa et foreyra das ditas casas, et resçeber o dito foro do dito cabidoo do dia que eli el quedar et subçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes, et non no conprindo asy que por esso meesmo perga o dito foro; et a finamento da pustrimeyra persoa que as ditas casas fiquen feytas, cubertas et ben reparadas con sua orta et saydo a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Pedro Lopes, que presente estou asy resçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas para min et para as ditas personas por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et seus de o conprirmos, pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que en esta carta se conten. Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun thenor, et as signase de seu signal, huna para vos, o dito Pedro Lopes, et vosas persoas, et outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et por mayor firmidue mandamos seelar a carta de vos, o dito Pedro Lopes, con o seelo do dito cabidoo.    

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Santa Maria, viinte et çinquo dias do mes de agosto, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et sete anos.

Testemoyas que foron presente et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Lopo Fernandes, Johan Dias, Fernan Peres, Afonso da Bayla, Vaasco Afonso, coengos; Johan Monteyro, coengo, por sy et en nome de don Martin Vidal, dean de Lugo; Afonso Rodrigues, Fernan Yanes, Fernan Fernandes, raçoeyros; Estevoo Yanes, Fernan Peres, Gonçalvo Peres, coengos de aniversario, et outros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Fernandes, notario.