GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1095
1453, xullo, 4 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralle ó clérigo do coro Roi López de Teixeiro e a tres voces unha casa na rúa Nova, freguesía de Santiago, por renda anual de oito marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, fs. 15 v.- 16 r.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçessores aforamos et damos aforo a vos Roy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro da dita iglesia, que sodes presente, por vosa vida et de outras tres personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et asi de grado en grado ata que seian fiiçidas et acabadas as ditas tres personas depoys de vos, et non seendo nomeada persona que seia persona do dito foro quen herdar vosos beens et asi das outras personas de grado en grado, huna nosa casa que he dos aniversarios da dita iglesia, et he sita et locada en esta çibdade de Lugo en rua Nova sub o signo da Capela de Santiago da dita çiudade, et esta en par cabo de outra casa de Costança Lopes de Maçeeda, muller que foy de Sueyro Nunes das Camoyras, de huna parte, et da outra parte esta en par cabo de outra casa nosa que ten de nos en foro Juan Ferrnandes de Goyoso, fillo que foy de Fernan Fernandes de Goyoso, et topa en a rua publica, a qual vos aforamos et damos en foro, segundo dito he, a tal pleito et condiçon que vos et as ditas personas a tenades levantada et cuberta et reparada das cousas que lle feseren en cada hun ano vos et as ditas personas despoys de vos oyto maravedis de longos a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, ou a quen noso poder ouver para ello, por dia de Sant Martino de nobenbre postos en pas et en salvo en esta dita çiudade de Lugo, et con condiçon que cada huna das ditas personas que suçederen en o dito foro despoys de vos que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias logo siguentes nos vena mostrar et insinuar como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro. Et a finamento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro que a dita casa fique feyta et cuberta et ben reparada libre et desenbargada a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu, o dito Roy Lopes, que presente soo asi resçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, segundo et en a maneyra que mo dades et outorgades para min et para as ditas personas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de teer, conplir et pagar todo o suso contiudo, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro por lo notario iuso escripto anbas en un tenor huna para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores et por mayor firmeza mandamos seelar a carta de vos, o dito Roy Lopes, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo, dia quarta feyra, quatro dias do mes de jullio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et tres anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Diego de Cordido, arçediano de Triacastella; Gonçalvo Rodrigues de Parga, tessoreyro; Rodrigo Afonso, Juan Vidal, Juan Ares, Diego Vaasques, Lopo Garçia, Alvaro Rodrigues et Pedro Meendes, canonigos da dita iglesia.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.