GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1145
1462, maio, 18. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua a María Rodríguez e ó seu fillo un terreo edificable na rúa de Burgo Novo, freguesía de Santiago de Lugo, por renda anual de doce marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 47 r.
   

Sepam quantos esta carta de pension et çenso vieren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados por son de canpana tanguda, segundo avemos de uso et de custume dentro en o coro da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores, damos a çenso et pension de cada un ano et por nome de pension a vos Maria Rodrigues de Nabea, et a voso fillo, Fernando de Nabea, alfayate, vesino desta çibdade de Lugo, por vos et por vosos herdeyros para senpre por jur de herdade, huna nosa praça de casa con sua orta et poço et saydo, segundo que le perteesçe, et segundo que sal o saydo da casa en que agora morades, que he dos aniversarios da dita iglesia et nosa por rason deles; a qual dita praça de casa ias en a rua de Burgo Novo sub signo da Capela de Santiago, a qual soya teer en foro Fernando Arias de Vaamonde, et de huna parte ias outra nosa praça que he dos aniversarios, et da outra parte outra do Moesteyro de Vilar de Donas, a qual dita casa vos damos a pension, segundo dito he, con todas suas entradas et saydas, jures et pertenençias et usos, que ha et deve aver de dereyto et de feyto, a tal pleito et condiçion que de oje fasta dose anos primeyros fagades en a dita praça huna casa sobradada et ha tenades feyta et cuberta et fagades da dita casa, que asi en ela feserdes, o que quiserdes et por ben teverdes, salvo que se vos, a dita Maria Rodrigues, ou voso fillo, ou aquel ou aqueles que suçeder en o dereyto da dita casa ha quiser, ou quiserdes, bender que requirades primeyramente a o dito cabildo, donde a reçebedes, et que les seia dada se a quiseren conprar por tanto quanto por ela con verdade deren; a qual dita praça con sua orta et poço et saydo et con todas suas pertenençias vos damos et outorgamos a pension de cada hun ano, segundo dito he, por dose maravedis de moneda vella de curtos, que os dedes et paguedes en a moeda que se pagare os aniversarios da dita iglesia, a o rendeyro et colledor dos aniversarios en cada un ano por dia de San Martino de novembre, et çesando de non pagar a dita pension por tres anos vos, ou vosos suçesores que suçederen en o dereyto da dita casa, que por ese mesmo feyto pergades et pergan o dereyto que en ela et a ela avedes et ouberen et se torne a nos, o dito cabildo, et a nosos suçesores, et que seia senpre pensionario da dita casa huna persona sola et non mays, et que non posa seer devidida en mays partes, antes que senpre quede en huna persona sola como dito he; et que non posades dar, nen bender, nen trocar, nen apensionar a iglesia, nen a Moesteyro, nen a outro lugar religioso salvo a a dita iglesia de Lugo, donde a reçebedes, et se o contrario feserdes, ou feseren vosos suçesores, que por ese mesmo feyto ha pergan et se torne a a dita iglesia de quen ha oubestes.

Et eu, o dito Fernando de Nabea, que presente soo por min et por la dita mina madre, Maria Rorigues, et herdeyros et suçesores asi reçebo a dita praça de vos, o dito cabildo, por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens, movelles et rayses, presentes et futuros et dos ditos meus herdeyros et suçesores, que suçederen en o dereyto da dita casa, de teer, conprir et gardar et pagar todo o contiudo arriba et de seer senpre en prol et honrra do dito cabildo et dos benefiçiados del.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo damos et outorgamos, et porque esto todo seia çerto nos as ditas partes outorgamos et mandamos delo faser dous contrabtos fortes et firmes, anbos en hun tenor, por lo notario de juso escripto hun para vos, o dito Fernando de Nabea, et vosa madre et herdeyros et suçesores, que suçederen en o dereyto da dita casa, et outra para nos, o dito cabildo, et nosos suçesores, et por mayor firmesa nos, o dito cabildo, mandamos seelar con noso seelo pendente o contrato de vos, o dito Fernando de Nabea, et vosa madre.

Que foy feyto en o coro da dita nosa iglesia, a des et oyto dias de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et dous anos.

Testigos que foron presentes: Johan Afonso, chantre; Alvaro Dias, arçediano de Sarria; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gomes Garçia, juys; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Diego Vasques, Juan Ares de Parga, Pedro Martines, Pedro de Mera, Roy Dias, Afonso Martines, canonigos et capitulantes; et Roy Peres, et Juan Ares, Fernando Peres, raçoeyros, et Roy Lopes de Teyxeyro, et Alvaro Ferrnandes de San Jullao, et Juan Afonso de Castro Alfonsin, et Gonçalvo de Lea, canonigos de aniversario, et outros.

Non enpesca donde esta rematado que dezia Burgo Nobo que foy error et non biçio.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de çenso et penson, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir, et por ende fise aqui este meu signo et nome acustumados en testimonio de verdade rogado et requerido.