GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1159
1464, xuño. 14. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Rodrigo Yanes, á súa muller e a dúas voces o lugar e casal de Pazos na aldea de Milleiros, freguesía de Santiago de Meilán, por renda anual de trinta marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 26 r.
   

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos o vicario et as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de costume dentro en a dita iglesia catredral açerca da porta por donde soben a os orgoos, avido primeyro noso acordo et madura deliberaçon et entendendo que façemos noso probeyto et de nosos subçesores, et por quanto o noso lugar et casar chamado de Paaços, qua nos perteesçe por rason da amistraçon do mes de setembre en a aldea de Milleyros sub sygno de Santiago de Meylan, vacou et a o presente esta vaco por renunçiaçon que expresamente agora en este noso cabildoo feso del Aldara Peres, criada de Pedro Afonso, canonigo da dita yglesia, segunda persona del nomeada per lo dito Pedro Afonso, que o de nos tevo en foro por sy et por duas personas, outorgamos et conosçemos que aforamos et damos aforo et avervo a vos Rodrigo Yanes de Pouço, escripvano, et a a dita Aldara Peres, vosa muller, por vosas vidas de anbos et dous et por outras duas personas despoys do postremeyro de vos, huna qual o postremeyro de vos nomear en sua vida ou a o tempo do seu finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar os bees do postrimeyro de vos de dereyto, et a outra que seia nomeada por aquela que o postremeyro de vos nomear, ou herdeyra de seus bees como dito he. Conven a saber que vos aforamos o dito noso casar et lugar con todas suas casas et casares et herdades et prados et pastos et plantados et con todas las cousas a el perteesçentes et perteesçer deventes, segudo que senpre andou et a nos et a a dita nosa amistraçon perteesçe, a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas personas despoys de vos mantenades levantadas as casas do dito casar et en boo paramento, et as herdades del labradas et en boo paramento en maneyra que as casas do dito casar non cayan nen as herdades del non se vaan a monte por mingoa de laborio; et dedes de foro, en cada hun ano, vos et a dita vosa muller et personas por el a nos, ou a o amistrador da dita amistraçon que a por nos tever, triinta maravedis de longos por dia de Sant Martino de nobembro, postos en pas et en salvo en esta çibdade de Lugo, en a moeda que se pagaren as outras nosas rendas; et con condiçon que cada huna das ditas personas, que despoys de vos subçeder en o dito foro, que do dia que en el subçederen por foreyra fasta trynta dias primeyros enton seguentes se vena mostrar et notificarnos en como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non feser que por ese meesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postremeyra persona, que en el subceder, que o dito casar et casas et herdades con todas las cousas a el perteesçentes fiquen libres et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et as casas del levantadas et en boo paramento, et as herdades alaboriadas con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Rodrigo Yanes de Pouço, que presente soo asi reçebo o dito foro do dito casar et herdades de vos, o dito cabildoo, segundo de suso se conten para min et para a dita mina muller et para as ditas personas por lo modo et maneyra et condiçoos en esta carta contiudas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et persona de o teermos, comprirmos, atendermos et pagarmos todo o susodito et cada cousa et parte delo.

Et nos, o dito cabildoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro, anboos en hun thenor, por lo notario iuso escripto la huna para vos, o dito Rodrigo Yanes de Pouço, et vosa muller et personas seelada con noso seelo pendente, et outra para nos, o dito cabildoo, et nosos subçesores.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo en a dita yglesia et lugar, a quatorse dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et quatro anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Afonso Martines de Galdo, chantre; et Gonçalvo Rodrigues de Heemill, arçediano de Triacastela; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Gomes Vasques, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares de Parrega, Rodrigo Afonso das Camoyras, vigario por Juan Garçia, dean, canonigos; et Ruy Teyxeyro, canonigo de aniversario, et outros.

Et eu Pedro Meendes de Foriis, canonigo en a dita iglesia et notario publico por la auctoridad apostolica et ordenaria, a esto que sobredito he en hun con os ditos testigos presente [...].