GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1165
1465, xuño, 26. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Pérez de Luaces e a dúas voces o muíño do xuíz por renda anual de sesenta marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 29 v.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por onde soben a os orgoos dela, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon, entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçesores, aforamos et damos en foro a vos Goçalvo Peres de Luazes, regedor da çiudade de Lugo, ho noso moyno chamado do juys con todas suas dereyturas et jures et pertenenças et con todas suas agoas correntes et moentes et con todas las outras suas dereyturas a el perteesçentes et perteesçer deventes en qualquer maneyra et por qualquer razon, asi de feyto como de costume et de dereyto, et a outras duas personas depoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia aquela persona que de dereyto erdar vosos bees ou a mayor parte delles, et asi d’aquela persona que por vos for nomeada, a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas vosas personas despoys de vos tenades a casa do dito moyno lebantada, cuberta et ben reparada et o dito moyno conrrente et moente en vosas vidas, et que tal o leixedes a o finamiento da postremeyra persona deste foro a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçesores; et dedes del en foro a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçesores vos et as ditas personas seseenta maravedis de longos, en cada un ano, por dia de San Martino de novembre, postos et pagos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo, en a moeda que se pagaren os outros foros da dita iglesia a nos, ou a noso moordomo et colledor dos ditos foros, et demays que cada huna das ditas personas, que despoys de vos suçederen en o dito foro, que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias primeyros logo segentes nos vena notificar et insinuar, ou a nosos suçesores, como he foreyra do dito foro, su pena que se o asi non fezer que por ese meesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Gonçalvo Peres, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por las condiçoes, modos et maneyras susoditos, et obligo a min et a meus beens, mobles et rayzes, avidos et por aver, et das ditas personas de teer, comprir et pagar todo o suso contiudo segundo en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo fazer duas cartas de foro anbas en un tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Gonçalvo Peres, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores, et por mayor firmeza mandamos sellar con noso seello pendente a vosa carta de foro.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, viinte et seys dias do mes de junio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seseenta et çinquo anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Heemill, arçediano de Triacastella; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Gomes Vasques, Juan Ares, Diego Ferreyro, Diego Vasques, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Meendes, canonigos da dita yglesia, capytulantes, et Roy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro da dita yglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.