GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1194
1469, xullo, 26. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua ó notario Fernando Arias e á súa muller unhas casas na freguesía de Santiago por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 51 v.

Sepan quantos esta carta de çenso et penssion viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de costume, dentro en a Capela de San Vertolameu damos a censo et a pension de cada un ano et por nome de pension a vos Fernando Arias de Pallares, notario, vesino desta çiudade de Lugo, et a vosa muller, Maria Afonso, para vos et para vosos subçesores et herdeyros para senpre por jur de herdade hunas nosas casas, que son da nosa mesa do cabildo, as quaes estan sitas et locadas sub o signo da Capela de Santiago desta çiudade ena rua et camino que vay da dita iglesia de Lugo para as casas de Rodrigo Afonso das Camoyras, et han de teer por terminos et lindeyros escontra escontra (sic) as ditas casas de Rodrigo Afonso o carril et camino que vay das casas do dean para as cortinas de San Romao et Porta de San Pedro, et da outra parte escontra as ditas cortynas de San Romao topan en huna casa que agora ten Johan Arias Mançebo, que he asy meesmo do dito cabildo, et da parte detras topa en huna parede das ditas casas de Juan Ares et salen diante en a rua publica que vay para as ditas cassas de Rodrigo Afonso das Camoyras, as quaes ditas casas con seu saydo vos damos a penssion, segundo dito he, por jur de herdade para senpre con todos seus dereytos, jures et pertenenças et orta et saydo et entradas et saydas et agoas vertentes et correntes et estantes desde lo çeo fasta a terra, segundo que todo nos perteesçe et a a nosa mesa do cabildo, et segundo que as vos fesestes et llebantastes, para que posades delas et en elas faser como a vossa cousa propia salvo que as non posades dar, nen bender, nen trocar, nen apensionar a iglesia, nen a monesteryo, nen a outro lugar religioso alguno salvo a o dito cabildo, donde as resçebedes, et se as quiserdes bender vos ou vosos subçesores, que subçederen en o dereyto delas, que requirades et requiran primeyro a o dito cabildo et se as quiseren que lles seian dadas por tanto quanto outro por elas con verdade der, et se o contrario feserdes ou feseren que por ese meesmo feyto as perdades et perdan vosos herdeyros et se tornen a a dita iglesia et cabildo. As quaes ditas casas vos damos a çenso et pension, segundo dito he, a tal pleyto et condiçon que as tenades et mantenades feytas et reparadas, segundo agora estan, et asi vosos subçesores, et que dedes de çenso et pension vos et vosos subçesores et herdeyros et aquel que subçeder en o dereyto delas, en cada un ano, por cada dia de San Martino de nobenbro des maravedis de moeda vella, de des dineyros o moravedi, et que os pagedes en esta çiudade de Lugo a o mayordomo et colledor das outras rentas do dito cabildo, et que os paguedes en a moeda que se pagaren as outras rendas do dito cabildo, et que seia senpre pensionario deste çenso et pension huna sola persona, et çesando vos ou vosos subçesores et herdeyros de pagar o dito çenso et pensyon, ou parte del, por tres anos que por ese mesmo feyto pergades et pergan todo o dereyto que en ellas et a elas avedes et se torne a nos, o dito cabildo, donde as resçebedes.

Et eu, o dito Fernando de Pallares, que presente estou por min et por la dita mina muller et para ela et para nosos herdeyros et subçesores asi resçebo de vos, os dito senores do dito cabildo, as ditas casas por los modos et maneyras et condiçoes que mas dades, et obligo a min et a todos meus bees mobeles et rayses et da dita mina muller et herdeyros et subçesores, que subçederen en o dereyto das ditas casas, de o termos et conplirmos et gardarmos et pagarmos todo asi segundo arriba se conten, et prometo et me obligo de seer senpre eu et meus subçesores en prol et en honrra et aiuda do dito cabildo et benefiçiados da dita iglesia, et non sermos contra eles en ningun tempo. Et nos, o dito cabilldo, asi vos las outorgamos. Et porque seia çerto nos as ditas partes outorgamos et mandamos delo faser dous contrautos firmes et fortes anbos en un thenor por lo notario a juso escripto uno para vos, o dito Fernando de Pallares, et vosa muller et subçesores et herdeyros, que subçederen en o dereyto das ditas casas, et outro para nos, o dito cabildo, et nosos subçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente o voso contrauto.

Que foy feyto et outorgado en o dito lugar, a veynte et seys dias do mes de julio, ano do nasçemento do noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et nobe anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o sobredito: Johan Afonso, chantre; et Alvaro Rodrigues de Goyoso, arçediano de Neyra; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Roy Lopes, liçençiado en decretos, juys; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; et Rodrigo Afonso, et Juan Arias da Tulla, et Diego Ferrnandes de Luases, et Diego Vaasques, et Simon Alvares, et Juan Arias de Parga, et Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Martines, Pedro de Mera, Roy Dias, Afonso de Galdo, Gomes Arias, Diego de Fonteyta, canonigos et capitulantes.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en uno con os ditos testigos presente foy et esta carta de çenso et pension, segundo ante min pasou, et por las ditas partes foy outorgada seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir, et por ende fis aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.