GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

990
1422, agosto, 22. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó cóengo Lopo Fernández e a dúas voces unha casa na rúa Nova por renda anual de 18 marabedís o primeiro beneficiario e 20 marabedís as voces.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 144 v.


       

Sabam quantos esta carta de aforamento virem como nos as persoas coengos benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, et avendo primeyramente noso consello et deliberaçon, et veendo et entendendo que he noso proveito et de nosos suçesores, damos aforo et avervo a vos Lopo Ferrnandes, coengo en a dita iglesia de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, et a outras duas persoas despoys de vos, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela que vos nomeardes, huna nosa casa, que he dos aniversarios, que esta en a rua Nova desta çiudade de Lugo a a sobre lo portal de Sam Françisco, a qual he sub signo da Capela de Sam Pedro desta çiudade de Lugo, a qual dita casa foy de vos, o dito Lopo Fernandes, et vos ouvestes et gaançastes de Vassco Nunes das Camoiras, que foy, et vendestes despoys a Gonçalvo Peres de Rio, vasalo del Rey, et a qual dita casa o dito Gonçalvo Peres de Rio despoys conosco fezo escanbea por çertas herdades et casas et bees rayzes, que o dito Gonçalvo Peres de Rio tina em foro dos ditos aniversarios em Sam Martino de Rio et en o Val de Vilapedre; a qual dita casa vos damos et aforamos por vosa vida et das ditas persoas con sua orta et cortina et seydo que con ela anda et lle perteesçe, et con todas suas entradas et seydas et jures et dereyturas et pertenenças, a a tal pleito et condiçon que vos, o dito Lopo Fernandes, coengo, et as persoas que suçederen en o dito foro tenades a dita casa feyta et cuberta et portada et en boo paramento, et a dita orta et cortina ben lavradas et reparadas, et dedes de foro cada ano para os aniversarios da dita iglesia de Lugo vos, o dito Lopo Fernandes, em vosa vida dez et oyto moravedis, de dez dineiros novees cada moravedi et de longos, et as outras persoas que depoys de vos suçederen en o dito foro que dem de foro cada ano, a o rendeyro prinçipal dos ditos aniversarios, viinte moravedis da dita moneda et de longos, et que os paguedes em cada hun ano por dia de Sam Martino de novembro em salvo en a çiudade de Lugo. Et outrosi con condiçon que a pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de viir mostrar a o dito cabidoo como he persoa del, et de reçeber o dito foro do dito cabidoo do dia que em el suçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes, et non no comprindo asi que por ese meesmo feito perga o dito foro; et a finamento da pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro que a dita casa fique feyta et cuberta et portada et bem reparada con sua orta et cortina et a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuia he, con todos los outros boos paramentos que en ela forem feytos.

Et eu o dito Lopo Fernandes, coengo, que presente estou, asi reçebo o dito foro da dita casa et orta et cortina que con ela anda de vos, o dito cabidoo, para min et para as ditas persoas, et obligo a min et a todos meus bees de o comprir et pagar et atender segundo et en a maneyra que dita he. Et nos as persoas et benefiçiados do dito cabidoo asi vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fezese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Lopo Fernandes, et vosas persoas et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et por mayor firmidue mandamos seelar a carta de vos, o dito Lopo Fernandes, con o seelo do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, viinte et dous dias do mes de agosto, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et dous anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Juan Martines, dean de Lugo; et don Afonso Lopes, chantre; don Rodrigo Afonso, juyz; don Lopo Diaz, mestrescola; Pedro Fernandes de Tendilla, thesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Fernan Peres, Johan Diaz, Afonso Rodrigues, Nuno Gonçalves, coengos da dita iglesia; Fernan Rodrigues, Fernan Ferrnandes, raçoeyros; et Pedro Fernandes de Bolano, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas pressente foy et este publico instromento fis scripvir, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.