GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

510
1348, xaneiro, 15. Lugo
Cláusula testamentaria de Mariña Domínguez, que lega aos cóengos lucenses, para o seu aniversario, unha casa na rúa Travesa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 56r, traslado ao Libro do Cabido polo notario Fernando Pérez a petición de Pedro Mouro, executor do testamento.

Eu Fernando Peres, notario de Lugo, vy et ley hun testamento signado con meu signal, o qual testamento era de Marina Domingues, muller d’Affonso Peres da Rua Minaa, mercador que foy, enno qual se contina entre as outras coussas que en el iaçian huna clausulla feita en tal maneyra: «Item mando a minna casa que esta enna rua Travesa, que esta cabo aquella que o dito meu marido mandou a os aniversarios, por meu aniversario, a os coengos, et que me façan hun aniversario cada anno por ella etc...».

Testemoyas que viron a dita clausulla do dito testamento: Fernando Domingues et Affonso Eanes, alfayates; Iohannes Ferrnandes, raçoeyro; Rodrigo Gomes, clerigo; Affonso Rodrigues, mercador da rua Minaa.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico del rey en Lugo, que a esto presente fuy et fiz escrivir esta clausulla sobredita tirada do dito testamento por rogo de Pedro Mouro, exsecutor da dita Marina Domingues, et puge y meu nome et meu sinal.

Quinse dias de ianeyro, era de mill et CCC LXXX VI annos.