GMH/ÍNDICE A-Z

122

1389, xaneiro, ... Vilamaior-Mondoñedo.
Convenio entre o Cabido e o concello de Mondoñedo sobre a exención que ten a Igrexa Catedral de pagar imposto de tallas e pedidos reais que pagan os outros habitantes do Concello. Tres sentencias propostas polos tres compromisarios elixidos para o efecto por ámbalas partes.
A, perg., con signo notarial, de 815 x 320 mm. Letra semigótica.
C, papel. Caderno de sete folios útiles e tres en branco.

Sabado noue dias de janeiro anno Domini moccclxxxix ennas casas de Ares Gonçales notario de Villamayor seendo en conçello apregoado segundo que han de custume / Ares Peres da Camara Johan Fernandes alfayate Garçia Lopes pintor Afonso Martines dos Cornos Afonso Lopes Caes Afonso Fernandes de Laurada Goçaluo Peres de Rex jurados de Vila/mayor cun hua parte dos besinos da dita villa et seendo y dom Pedro Ares dayam de Mendonedo et don Ares Peres archidiago de Trasancos et don Afonso Gomes / archidiago de Montenegro et Ruy Lopes coengo da dita iglesia et en presença de min Gonçaluo Peres notario publico da dita vila et enton o dito deam et pesoas sobreditas por sy / et en nome das outras pesoas et coengos et raçoeyros da dita iglesia diseron aos ditos jurados et homes boos do conçello que teuesen por ben de os non desaforar / ca elles ben sabian qu os seus hommes panigoados et das outras pesoas et coengos da dita iglesia et seus antecesores que foran scusados senpre ata aqui de pa/gar ennas tallas do dito conçello con elles et que asy o deuian aseer daqui endeante segundo huso et custume que ouueroan et que auia a iglesia de Mendonedo et por en/de que lles rogauan et frontauan que lles gardasen o dito huso et custume que elles et seus panigoados ouueran et que non pennorasen nen posesen tallas nen ou/tros pedidos aos seus panigoados et que os non quesesen sobre esta rason meter a custa et juyso para o defender por dereito et fasendoo asy que farian / ben et gardarian amor et bon deuedo que senpra ata aqui ouueran huus cun outros. Et os jurados et homes boos do conçello diseron que verdade era que o dito / conçello ouera senpre bon amor et avinença con o dito cabidoo ata aqui et asi o farian daqui endeante se por ello non ficase mays diseron que elles paga/uan moytas tallas et pedidos et amen de mays que non soyan pagar porque eran moyto agraueados por quanto eran poucos et proues et que auia / en esta villa moytos homes que y morauan et prouauan et que auian casas et vinas et herdades et outros que as non auian et laurauan as vinas alleas / et encubauan et vendian os seus vinnos con elles et conprauan et vendian et gaançauan en elles et viuian en suas casas et eran herdeyros et algosos et que se / tornauan homes et panigoados das pesoas et coengos do dito cabidoo por se scusar et defender das tallas et pedidos et que as ditas pesoas et coengos / que os collian asy et os defendian sen rason et sen dereito maliçiosamente et demays que noso sennor el rey mandara por suas cartas que elles tinan que todos los / moradores et prouadores da dita villa que pagasen ennas tallas que en elles fossen repartidas et asy que todos deuian et eran theudos de pagar et dema/ys diseron que alguos delles que laurauan commo lauradores hua gran parte das vinas do cabidoo a meas et a terço et delas por quarto et que eles non aui/an outra nouidade de pan nen al por que pagasen a el rey o seu dereyto nen os foros aa iglesia senon o vino que collian et que avian de huso et de custume / de non meter vinno de fora parte en esta villa senon o que laurasen os visinos della et que as pesoas do dito cabidoo et os seus homes que os desfora/uan et metian vinnos enna villa de outras partes de fora et por esta rason que lles non valia o seu nen avia por que pagar. Pero por auer pas et concordia / et bon deuedo con o dito cabidoo commo senpre ouueran que sobre estas cousas et contendas et dessauinenças que as dauan a veer et liurar a dous homes boos / que o liurasen entre elles et o dito cabidoo commo visen que fose guisado et ben en maneira que viuisen en pas et amor huos con outros. Et logo o dito / dayam et achidiagos et Ruy Lopes sobreditos por sy et en nome do dito cabidoo da dita iglesia por quen se obligaron a faserlos outorgar diseron que lles prasia / ende moyto et as ditas pesoas do cobidoo et conçello sobreditos acordaron logo entre sy de tomar os ditos homes boos et tomaron et escolleron por / homes boos arbitros et amigaueles a don Ares Peres archidiago de Trasancos por parte do dito cabidoo et Afonso Fernandes de Laurada por parte do dito conçello et derom/lles poder que visen et soubesen todas las ditas contendas et outras quaesquer que ata aqui avia entre o dito conçello et cabidoo et que as podesen defincar / et mandar entre elles commo elles quesesen et por ben teuesem tanben sobre lo feito dos vinnos como dos panigoados commo de otras quasquer contendas / que ata aqui fosen entre elles aviindo et conponendo commo elles quesesen et por ben teuesen tan ben en dia feriado commo non feriado partes presentes et / non presentes commo et quando et qual lugar et ora elles quesesen et por ben teuesen et todo mando et mandos sentença et avinença que os ditos homes asi / teer et conprir et gardar en todo para senpre sub pena de mill mor. desta moneda que deue perder qualquer das partes que contra elo for aa outra parte que o conplir / et abreger. Et non se podendo auiir os ditos homes boos anbos en concordia para dar hun mando ou mays tomaron por home boo terçeiro a Ares Peres da Ca/mara visinno da dita villa ao qual deron poder que vise os mandos dos homes boos et con qual delles el teuese ou collesse ou eadese ou dese outro / mando en sua parte que este ualuese et fosse valioso para senpre entre as ditas partes sub a pena sobredita. Et deron poder aos ditos homes boos et ao terçeiro en que librasen ese feyto et contendas ata dia de kallendas febreiras primeiras que veen et falesçendo por elles de o non librar et mandar ata / o dito plaso que aquel por quen ficar que perga çem mor. da dita moneda ao dito conçello et cabidoo. Et porque seia çerto as ditas partes rogaron et mandaron / a min dito notario que fesese ende esta carta de conpromiso por testemoyas que foron presentes Afonso Martines Ruy Viqueyra Ares Gonçales Gonçaluo Rodrigues Pedro Afonso do Forno Pedro Ares /. Et eu Gonçaluo Peres de Reys notario publico jurado dado do bispo de Mendonnedo en Villamayor a esto que dito he con las ditas testemoyas fuy presente et esta / carta de conpromiso por mandado das ditas partes en minna preseça fis escriuir et en ela por mandado das ditas partes puge meu nome et meu sinal / acustumado en testemoyo de verdade que tal he. Feyta en Villamayor (Signo)

Et depois desto quarta feyra xxvii dias de janeyro anno Domini mo ccclxxxviiii et en presença de min Gançaluo Peres notario et testemoyas adeant scriptas don Ares Peres arçediago / de Trasancos deu et leu este mando et sentença que se sigue: Enno nome de Deus. Amen. Este he o mando que eu ares Peres arçediago de Trasancos home boo / posto antre o cabidoo et pesoas et coengos et raçoeyros da iglesia de Mendonedo et os alcaldes et homes boos da çibdade de Villamayor sobre feyto das / tallas que os da dita villa poynan aos homes das pesoas et coengos et raçoeyros da dita iglesia. Et por quanto as pesoas et coengos et raçoeyros da dita / iglesia mostraron a min hua conpostura que auia feyta entre elles et os alcaldes et homes boos da dita vila por Afonso Deus notario que enton era en que se contina / que non pagasen talla algua os homes panigados das ditas pesoas et coengos et raçoeyros ainda que fosen visinos da dita villa saluo enna / talla de San Yoanne. Et os ditos homes das ditas pesoas et coengos et raçoeyros da dita iglesia que non vellasen en uela con o conçello saluo quan/do vellasen aqueles con quen viuesen et que non gardasen as porras da villa nen fosen theudos de as gardar et tamben sobre feyto et conposiçon / que esta feyta entre as pesoas et coengos et raçoeyros da dita iglesia et os alcaldes et homes boos da dita villa et outrosy por quanto eu achey en verdade / por homes antigoos et de boa fama que as pesoas et raçoeyros et coengos da dita iglesia de Mendonedo defenderan senpre os seus panigoados que non pagasen ennas ta/llas nen pedidos con o dito conçello et outrosy por quanto os benefiçiados das outras iglesias cathedraes de todo o regno defenden homes et seruentes / et panigoados domesticos et familiares ennos ditos conçellos dou por mando por lo poder que me he dado por lo dito conpromiso que aas persoas et coengos et raçoeyros da dita iglesia defendan a aqueles que foren seus panigoados a quen deren de comer et de vestir et seus familiares domesticos que non pa/guen talla nen pedido con os do dito conçello nen uelen con elles saluo quando o dito cabidoo uellar ou aqueles con quen viueren nen seian theudos de gardar / as porras da vila. Pero se algun ou alguns das persoas coengos et raçoeyros da dita iglesia se enfringir maliçiosamente que algun dos ditos ho/mes do dito conçello et seu panigoaddo et non for priuado que lle da de comer et vestir mando que tal commo este que non seia defeso et que / pague nas tallas et pedidos con o dito conçello asy commo vesino. Et outrosy sobre feyto do por quanto acho que algus dos benefiçiados da dita / iglesia tanben dos homes do dito conçello fasen maliçia enno dito vinno tragendo de fora da villa et fasendo del taberna na dita villa mando / que a conposiçon que esta feyta por lo bispo et cabidoo et conçello da dita villa segundo esta por notario nas posturas que se conpra et garde en todo et os homes boos / do dito conçello et cabidoo non consyntan a algun que a vrte nen vaa contra ela querendoa os do conçello gardar da sua parte et de seus vesinnos. Et esto / dou por mando et por sentença arbitrando commo dito he entre los ditos hommes boos do dito cabidoo et conçello et mando que se garde et conpra para sen/pre sub a penna contheuda enno dito conpromiso. Ares Peres archidiago. Testemoyas que foron presentes Pedro Fernandes clerigo de Ladra Afonso Peres çapateyro morador en Vilalua Ruy Lo/pes coengo de Mendonendo don Afonso Gomes archidiago de Montenegro et outros. Et eu Gonçaluo Peres de Reys sobredito a todo esto presente fuy.
Et depois desto era sobredita o postremeyro dia de janeyro en Villamayor en presença de min notario et testemoyas adente scriptas Afonso Peres de Laurada home boo / arbitro por parte do dito conçello deu et mandou leer por min o dito notario en scripto hun mando do qual o tenor este que se sigue: Et eu Afonso Fernandes de Laurada / home boo arbitro posto por conpromiso entre o cabidoo et o conçello de Villamayor visto o poer que me he dado por lo dito conpromiso et sabuda a uerdade de omes / verdadeyros desta çibdade et de fora dela clerigos et leygos en commo acustumaron de pagar os panigoados moradores desta vila con o conçello ennas tallas que se lançauan entre elles et vistas duas cartas seeladas de noso sennor el rey don Afonso que foy et otra del rey don Iohan que deu ao / dito conçello desta villa et sobre esta rason en que manda a todos los moradores et prouadores leygos desta villa et de seu termino que todos paguen / ennas tallas que foren lançadas entre elles et sobre todo oyue consello con homes boos et porque achey que as tallas et pedidos son aqui moytas / et ben ameude et que ha poucos hommes para as pagar et porque achey que alguas pesoas et coengos da iglesia toman et collen asy os visinos / et moradores da villa et delles moytos que han casas et vinnas et herdades enna villa et en seu termino et conpran et uenden por se escusar per / esto das tallas et moran et viuen en suas casas meesmas et tornanse seus homes et desto vem gran dapno aos outros seus visinos en pa/ gar grandes tallas que non poden sofrir por ende et por quanto o arçediago de Trasancos non quiso acordar conmigo en dar un mando \ dou por mando / et sentença arbi/traria que todos los moradores et prouadores leygos que moran et moraren en esta villa et que viuen en suas casas con suas molleres et que han her/dades ou conpran ou venden con os outros da villa que todos paguen ennas tallas et pedidos que o conçello ouuer de pagar et ennas tallas tanben / que y jasen por pagar que o dito conçello deue saluo que mando que non paguen os homes que son panigados das pesoas et coengos a que elles dan / de vestir et de comer de cada dia et que viueren de cote con elles en suas casas meesmas nen pague o porteyro do cabidoo nen o mestre da obra da / iglesia soluo que paguen estes enno foro da uilla da talla de San Johan. Outrosy en rason dos vinnos que se meten de fora en esta villa a dap/no do conçello por quanto acho por los hommes uedrayos do conçello que aqui en esta villa que ouuo senpre de custume de non meter vinno / de fora parte en esta vila et saluo que os visinnos da villa ouueren de sua lauoria et sua marra. Et porque alguas pesoas et coengos da / iglesia poderosos pasauan a esto et bricauan(?) o foro da villa et desto que vina gran dapno ao conçello dela porque o dito conçello non lle val/lia a sua nouidade nen avia al por que pagar as tallas et dereytos del rey. Et porque me foy mostrada hua carta del rey don Alfonso / en que defende que nenhun non meta vinno en esta villa de fora parte saluo os visinos o que ouueren de sua lauoria dou por mando que daqui endeante que nen os leygos nen as pesoas et coengos et clerigos nen outro algun non meta vinnos de fora parte en esta / villa saluo o que ouuer de sua lauoria quen laure sub este signo en quanto enna villa ouuer vinno da colleyta por qunto asy foy sen/pre de huso et de custume et porque o bispo de Mendonedo asy mandou por sua sentença. Et esto que dito he dou por mando et sentença arbitraria / et mando que se tena et garde entre o dito cabidoo et conçello para senpre sub a pena do dito conpromiso. Testemoyas Ares Peres Diego Ares Ruy Biqueyra Afonso / Menos Alfonso Lopes Ruy Torto alcalde de Goaa Pedro Ares Domingo Froyas Diego Felpeiro Fernando de Lagoa Aluaro Gomes Garçia Lopes Pedro Afonso et outros / moytos. Et eu Gonçaluo Peres notario sobredito a todo o que sobredito he fuy presente con as ditas testemoyas et puge aqui meu nome. Gonçaluo Peres de Roys notario (Rúbrica).

Et depois desto o postrimeyro dia de janeiro anno da nascença de Jesucristo de mill ccclxxxixe annos en presença de min Gonçaluo Peres notario et testemoyas / adeante scriptas Ares Peres da Camara home boo terçeyro por lo cabidoo et conçello de Villamayor deu et feso leer por min dito notario / este mando et sentença que se sigue: Enno nome de Deus. Amen. Saban quantos esta carta de mando viren commo eu Ares Peres tomado por / terçeyro home boo arbritro entre o dean et cabidoo da iglesia de Mendonedo da hua parte et o conçello de Villamayor da outra sobre contendas que av/ian dos panigoados das pesoas et coengos da dita iglesia et de vinno que metian enna dita villa de fora parte et sobre feito de senrrasoes / que disian que recebian hunos doutros tomaron entre sy omes boos que bisem os pleitos et contendas que auian entre sy da parte do dayan et cabi/doo tomaron don Ares Peres archidiago de Trasancos et da parte do conçello Afonso Fernandes dito de Laurada que desem mando sobrelo et non acordando / ambos en hun mando as ditas partes tomaron a min Ares Peres por terçeyro que vise o mando que elles desen et con qual eu o dito Ares Peres teuese / ou collese ou eadese enno que elles mandasen et o que eu sobrello mandase et liurase entre elles et declarase que fose valioso para senpre / segundo o poder que me he dado por lo conpromiso. Et eu o dito Ares Peres auendo consello con homes boos de foro de dereyto et entendendo que he / seruiço de Deus et da dita iglesia et prol do conçello et achando et sabendo que senpre os homes boos desta iglesia ouueran panigoados / et non era memoria en contrario mando que os ajan asy commo diseron os sobreditos archidiago et Afonso Fernandes homes boos sobreditos et de/clarando digo que estes panigados que os non possan tomar as pesoas et coengos da dita iglesia dos do conçello aquelles que acustumaron / de pagar ennas tallas con os do conçello ata aqui nen daqui endeante et declarando mando que non possan tomar as ditas pesoas et coengos / et homes boos da dita iglesia por panigoados os ofiçiales conuen a saber os carpenteiros et pedreiros et carniçeyros et ferreyros et çapateyros et peliteyros / et mercadores que conpran et uenden et van aas feyras et son mercadores publicos. Et estes panigoados que foren do cabidoo que uellen com / seus donos et non con o conçello. Et outrosy se algus destes panigoados teueren molleres ou barragaas que conpren et uendan asy commo panadeyra / ou masquiteyra et vendan pescados ou vinnos que paguen media talla doutro seu cumunal. Et declarando dos panigoados que aquelles a que os peso/as et coengos et homes boos deren de vestir et de comer continuadamente que sean panigoados et non outros et que uellen con elles ennas suas ue/las. Et por quanto acho que esta villa sobredita deue sessenta libras en cada hun anno de foro por San Johan mando que todos aquelles que ouue/rem casas ou vinnas et conprarem et venderem ou foren casados que paguen todos en estas ditas libras. Et sobre feyto dos binos que / tragen de fora desta villa clerigos et leygos mando que se tena et garde segundo que he ordenado por lo bispo don Francisco et cabidoo et conçello sobreditos / et se o cabidoo et pesoas et coengos et raçoeyros et clerigos moradores enna dita villa passaren contra o ordenamento que he feito sobre esta rason do vi/no que o querellen ao deam et alcaldes do cabidoo que façan corregimento et no fasendo que pergam a pena que he posta enno conpromi/so. Et querellandose o cabidoo sobre esta rason ao conçello que seian frontados os alcaldes et os jurados et non fasendo dello conprimento de dereyto / segundo que he ordenado que pergan a pena sobredita. Et declarando mays o dito Ares Peres disso que aquelles fossen contados por panigoados / a quen as pessoas et coengos desem de comer et de uestir continuadamente aynda que viuesen en suas casas ( Sen outro aditamento).

(Reverso):
M x n. 91. Conposiçon entre o cabidoo et o conçello de Villamayor so bre las panieyguaes et outras cousas.