GMH/ÍNDICE A-Z

1105
1456, xuño, 11. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Vázquez e a dúas voces un casal na aldea de San Xiao, freguesía de Santiago de Lugo, por renda anual de 20 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1336 nº 9; perg. orix., galego, cortesá, 230 x 310 mm; Libros, lib. 6332.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçessores, avido primeiramente noso consello et madura deliberaçon aforamos et damos aforo a vos Afonso Vasques de Vaamonde, que estades presente, por vosa vida et de outras duas persoas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento, et outra qual nomear aquella pesoa que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia pesoa do dito foro aquela pesoa que herdar vosos beens ou a mayor parte delles de dereito, et asi de grado en grado ata que seian fiiçidas as ditas duas persoas despois de voso finamento, o noso casar et casas et herdades que nos avemos et nos perteesçen en a aldea de San Giao, frigresia da Capella de Santiago desta ciudade, por razon dos aniversarios da dita iglesia, o qual casar et casas et herdades vos aforamos, segundo dito he, con todas las cousas a el perteesçentes et perteesçer deventes asi de feito como de dereito, et segundo que el a nos perteesçe et a os ditos aniversarios et segundo soya andar aforado, a tal pleito et condiçion que levantedes et tenades levantadas as casas do dito casar et en boo paramento, et labredes et façades labrar as herdades del et as tenades en boo paramento vos et as ditas persoas en tal maneira que as casas non cayan por mingoa de reparo, nen as ditas herdades non se vaan a monte por mingoa de lavorio; et dedes de foro vos et as ditas persoas despois de vos en cada hun ano por dia de San Martino de novembre viinte maravedis de longos a o rendeiro et colledor dos ditos aniversarios, ou a quen para ello noso poder ouver, postos en paz et en salvo en esta ciudade de Lugo, et con condiçon que cada huna das ditas persoas que suçederen en o dito foro despois de vos se vena mostrar seer foreira del a nos, o dito cabidoo, do dia que en el suçeder por foreira fasta trinta dias logo siguentes sub pena que se o asi non fezer que por esse mesmo feito perga o dito foro, et a finamento da postremeira persona que suceder en o dito foro que o dito casar et casas et herdades del fiquen libres et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores con todos los boos paramentos que en elles foren feitos, et as casas que fiquen levantadas et cubertas et ben reparadas et as herdades labradas et en boo paramento.

Et eu, o dito Afonso Vasques, que presente estou asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, con as condiçoes et por los modos et maneiras susoditas, et obligo a min et a meus bees et das ditas personas que suçederen en o dito foro de complir et pagar et atender todo o sobredito segundo en esta carta de foro se conten. Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et por que seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro por lo notario iuso scripto ambas en hun tenor huna para vos, o dito Afonso Vasques, et vosas persoas et outra para nos et nosos suçessores. Et por mayor firmeza mandamos seelar a carta de vos, o dito Afonso Vasques, con noso seelo pendente.

Que foy feita et outorgada en a çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, onze dias do mes de juyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et seis anos.

Testemoyas que foron presentes: Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea en a dita iglesia; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreiro; Rodrigo Afonso, Johan Vidal, Johan Ares, Diego Vasques, Lopo Garçia, Johan Ares de Parrega, et Rodrigo Afonso das Camoyras, canonigos da dita iglesia de Lugo, capitulantes.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por mina mao propia escrivi et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.