GMH/ÍNDICE A-Z

913
1412, novembro, 1 martes. Lugo

O bispo de Lugo afóralles a Afonso Eanes e a dúas voces os casais de Galegos en Santiago de Saa e Santa Marta de Fixós, por renda anual de dúas cargas de pan. O beneficiario doa a metade dun casarío en San Salvador de Calde reservándose o usufructo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 G/24, perg. orix., galego, cortesá, 258 x 369 mm.



Sabean todos commo nos don frey Juan Enrriques, meestre en santa theolesia, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, por fasermos ben et merçede a vos Afonso Eanes de Costante, vesino et morador en a nosa çibdade de Lugo, et pos vos galardoar serviços que fesestes a nos et a nosa iglesia, et porque entendemos et sabemos que he proveyto noso et de nosa iglesia por ende damosvos aforo et avervo por en toda vosa vida et de outras duas persoas depus de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento, et outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia quen de dereito herdar vosos bees ou a mayor parte delles, conven a saber que vos aforamos asi os nosos dous casares et herdades que a nos et a nosa iglesia perteesçen en a nosa terraria de Saa, conven a saber ho casal chamado de Gallegos de Suso et ho outro casal chamado de Gallegos de Juso, os quaes casaren iasen sub signos de Santiago de Saa et de Santa Marta de Fogoos, os quaes vos asi aforamos con todas suas herdades, pertenenças et dereituras et entradas et seydas et montes et pascos et prados et jures et dereitos, a monte et a fonte, per hu quer que vaan sub os ditos signos, et con todos los bees rayses que a eles perteesçer, con tal condiçon que labredes ou façades ben labrar et parar os ditos casares et herdades et bees deles, et tiredes ou façades tirar de monte et de canpo et de silva en que ora jasen et estan a mayor parte deles, et demays que façades duas casas en os ditos bees de pedra et de lousa boas sen maliçia; et que dedes en cada hun ano por foro deles a nos et a nosos subçesores duas carregas de pan linpo de poo et de palla por medida dereita, quatro fanegas por cada carrega, vos et as ditas persoas depus vos en pas et en salvo en os ditos lugares.
Et eu, o dito Afonso Eanes, que estou presente por min et por las ditas persoas asi reçebo de vos, o dito senor Obispo, o dito foro et merçede que me fasedes, et obligo min et meus bees et seus delas para o conprir et pagar et atender en todo segundo de suso he dito, et demays por este ben et merçed que me fasedes dou en enprasamento a vos et a a dita vosa iglesia et vosos subçesores por jur de herdade para senpre a meatade don casario que eu conprey a fillos de Pedro Vasques Çeeça, que eu parto con Vasco do Villar de por meo que ha a outra meatade do dito casario, o qual casario ias sub signo de San Salvador de Calde, et o qual agora trage et labra por min et en meu nome Fernan Gomes de Papoe, et o qual vos asi dou en o dito enprasamento con todas suas pertenenças et dereituras et casas et herdades et arvores et formaes por hu quer que vaan sub o dito signo, et a qual dita meatade do dito casario vos asy dou con tal condiçon que eu et as ditas minas duas persoas que o tenamos et usemos por nosas vidas et aiamos et levemos os froytos et rendas del con as outras herdades que nos aforades, et a finamento da pustromeira persoa de nos que as ditas herdades et bees do dito foro con o dito enprasamento et medeo casario que fiquen libres et quitas et desenbargadas de nos et de nosas voses a vos, o dito senor Obispo, et a nosos subçesores et a a dita vosa iglesia con todos los boos paramentos que en eles foren feytos.

Et nos, o dito senor Obispo, asy vo lo outorgamos et asy reçebemos de vos o dito enprasamento con as ditas condiçoes para nos et para nosos subçesores et iglesia.

Et porque esto seia çerto nos, o dito senor Obispo, firmamos esta carta de noso nome et mandamosla seellar de noso seello, et por mayor firmidoe mandamos a o notario sub escripto que a signase de seu signo.

Foy en a dita nosa çibdade de Lugo dentro en os nosos paaços, martes, primeiro dia de novenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dose anos.

Testemoyas que foron presentes: don Juan Rodrigues, arçidiago de Deçon; et Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo; et Gonçalvo Lopes de Papoe; et Gonçalvo Fernandes de Argonde; et frey Juan d’Estaray, conpaneiro do dito senor Obispo; et Vasco de Baçar, et outros.

Et yo Jacome Peres, escrivan de noso senor el Rey et seu notario publico en a sua Corte et en todos los seus regnos, vy a o dito senor Obispo firmar esta carta de seu nome et por seu mandado fis aqui este meu signo que he tal en testemoyo de verdade. (signo)