GMH/ÍNDICE A-Z

1220
1472, xullo, 2. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua ó cóengo Afonso Martínez unha horta na freguesía de Santiago de Lugo por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 b, f. 48 v.

Sepam quantos esta carta de çenso et pension viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de costume, dentro en a Capela de San Vertolameu damos a çenso et pension de cada un ano et por nome de pension a vos Afonso Martines de Galdo, canonigo desta dita iglesia, que presente estades, resçebente por vos et vosos subçesores et herdeyros para senpre por jur de herdade huna nosa orta, que he dos aniversarios da dita iglesia, a qual esta sita et locada en esta çiudade de Lugo sub o signo da Capela de Santiago, et ten por lindeyros et terminos de huna parte esta junta contra çima con as casas et torre que tebo en foro desta iglesia Afonso Lopes de Aguiar, et da parte de vayxo esta junta con huna orta de Roy de Cospeyto, alfayate, et sal en a rua et camino pbulico que vay da Terraria para San Domingo, et da parte detras topa en huna cortyna que he del Monesteryo de [...]yra; a qual dita orta vos damos a çenso et pension, segundo dito he, por jur de herdade para senpre con todos seus dereytos et dereyturas et jures et pertenenças et saydas et entradas, que ha ou debe aver de feyto ou de dereyto, desde lo çeo fasta a terra, segundo que a os ditos aniversarios et a nos por rason deles perteesçe, para que posades dela et en ela faser como de vosa cousa propia, salvo que a non posades dar, nen vender, nen apensionar a iglesia, nen a monesterio, nen a outro lugar religioso algun salvo a a dita iglesia de Lugo, donde a resçebedes, et se a quiserdes vender vos ou vosos suçesores, que suçederen en o dereyto delas, que requirades et requiran primeyro a o dito cabildo, et se a quiser que lles seia dada por tanto quanto con verdade outro por ela der, et que senpre quede esta dita pension et çenso en huna persona sola et non mays, et se o contrario feserdes ou feseren que por ese mismo feyto ha perdades et pergan vosos herdeyros et se torne a a dita iglesia, donde a resçebedes. A qual dita orta vos damos et outorgamos a pension, segundo dito he, a tal pleyto et condiçon que a tenades çarrada et aperçada et labrada, et ha mantenades asi vos et vosos suçesores; et que dedes de çenso et pension vos et os que despoys de vos suçederen en o dereyto da dita orta seys maravedis vellos de longos, et que os dedes et pagedes en esta çibdade de Lugo a o rendeyro et coledor que for das rendas dos ditos aniversarios en a moeda que se pagaren as rendas rendas (sic) dos ditos aniversarios, por cada dia de San Martino de nobenbro, [et çesando] vos, ou vosos suçesores et herdeyros, de pagar o dito çenso et pension por tres anos que por ese meesmo feyto pergades et pergan todo o dereyto que en ela et a ela avedes et ouberen et se torne a nos, o dito cabildo, et aniversarios, donde a resçebedes.

Et eu o dito Afonso Martines de Galdo, canonigo, que presente estou, por min et por meus herdeyros et subçesores asy resçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, a dita pension por los modos et maneyras et condiçoes que ma dades, et obligo a min et a todos meus beens presentes et futuros et de meus suçesores et herdeyros, que suçederen en o dereyto da dita orta, de o termos et conplirmos et gardarmos et pagarmos todo asi segundo arriba se conten. Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos. Et porque seia çerto nos las ditas partes mandamos delo faser dous contrautos fortes et firmes, anbos en un thenor, por lo notario a juso escripto un para vos, o dito Afonso Martines, et vosos herdeyros et subçesores, que subçederen en o dereyto da dita orta, et outra para nos, o dito cabildo, et nosos suçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente o contrauto de vos, o dito Afonso Martines.

Que foy feyto et outorgado en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, a dous dias do mes de julio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o sobredito: Johan Afonso, chantre; Alvaro Dias da Lama, arçediano de Sarrea; Gomes Garçia, arçediano de Deçon; Diego Ferrnandes, mestrescola; Gonçalvo Rodrigues, thesoreyro; Rodrigo Afonso da Rigeyra; Diego Vasques, Juan Arias de Parrega, Pedro Martines, Pedro de Mera, Roy Dias, Diego Gonçalves, Gomes Ferrnandes, canonigos et capitulantes. Testigos: Pedro Ferrnandes, Johan Arias, Fernando Yanes, raçoeyros; Alvaro Ferrnandes de San Julaao, Roy Lopes de Teyxeyro, rendeyro dos ditos aniversarios, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de çenso et pension, segund ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir et por ende fise aqui estes meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido. Non enpesca donde bay escripto sobre raydo que dis orta et donde bay escripto entre entre (sic) rengoes que dis feser que asy ha todo de diser et foy error et non viçio.