GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

537
1349, xullo, 30. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles ao notario Fernando García e á súa muller e a unha voz unha casa na rúa do Campo. O primeiro beneficiario quedará libre de renda, mentres que o segundo pagará 60 soldos.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 64r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan de Lugo, et o cabidoo dese mysmo lugar, seendo iuntados en cabidoo por campanya taniuda enno coro desa iglesia segudo que he usso et custume de nos iuntarmos a cabidoo, por faser graçia a vos Fernando Garçia, notario de Lugo, et por serviço que fesestes et fasedes a nos et a nosa iglesia, et faredes d’aqui adeante, damos et avervamos a vos et a vos muller, Maria Migueles, por en todos vosos dias de anbos et de huna persoa qual o pustrimeyro de vos nomear para esto, a nosa cassa que he dos aniversarios desta iglesia, que vos ia de nos teedes, que esta na rua do Campo, en que ora mora Pedro Andreu et Estevoo Yanes, çapateyros, con suas pertenenças et dereyturas, que esta entre la cassa de Nuno Pellaes da huna parte, et da outra parte a casa en que morou Iohan, consineyro, et sua muller Dominga Peres; a a tal pleito et vervo que vos et a dita persoa façades huna parede que y esta começada contra a rua Minaa et mantenades a dita casa en boo estado, et por rason da dita feytura que y avedes a faser et do serviço que nos vos, Fernando Garçia, fesestes et faredes, que vos et a dita vosa muller tenades a dita cassa en todos vosos dias d’anbos sen penson nihun, et aquela persoa que vos para esto nomeardes de, cada anno, en salvo sen desconto nihun a a dita iglesia de Lugo, seseenta soldos desta moneda del rey don Affonso, ou a valia deles, et pagardes-los a aquel que recadar os aniversarios da dita iglesia, commo he custume de se pagaren os outros alugeyros das suas casas desta villa. Et a finamento d’aquela pessoa que o pustrimeyro de vos nomear para esto, a dita casa deve ficar livre et quita a a iglesia de Lugo con a dita parede feyta et con todos los outros boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Fernando Garçia, que estou presente por min et por la dita minna muller et pesoa sobreditas, asy reçebo a dita casa de vos, lo dayam et cabidoo sobreditos, et obligo todos meus beens et seus para comprirmos esto que sobredito he.

Et nos, lo dayam et cabidoo sobreditos, prometemos a a boa fe de non viir contra esto. Et por que esto seia çerto nos, lo dayan et cabidoo et Fernando Garçia sobreditos, rogamos a Fernando Peres, notario publico del rey en Lugo, que fesese ende esta carta.

Que fuy feyta en Lugo triinta dias de iulio, era de mill et CCC LXXX et sete annos.

Et foron presentes: don Diego Ferrnandes, dayan sobredito; don Fernando de Deus, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; Andres Peres, Iohan Dias, Lopo Domingues, Rodrigo Affonso, Alvar Rodrigues, Ruy Ferrnandes, coengos; Ruy Gomes, raçoeyro; Affonso Yanes, Iohan Fernandes, Iohan de Loveos, Iacome Yanes, Affonso Eanes, Gonçalvo Peres, coengos de aniversario da dita iglesia; Afonso Ferrnandes, notario; Fernando Domingues, yrmao de Lopo Domingues, ts.

Et eu Fernando Peres, sobredito publico notario de Lugo, que a esto presente fuy con as ditas testemoyas et por rogo das partes sobreditas fis scrivir et puge y meu nome et meu signal.