GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

862
1383, xuño, 1. Mazoi
O bispo de Lugo faille doazón ao Cabido das capelas grande e pequena con todos os seus ornamentos e obxectos litúrxicos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/8, perg. orix., galego, cortesá, 161x262 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, entendendo que he serviço de Deus et prol et onrra da nosa iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo et soude de nosa alma, damos en firme et pura doaçon para senpre jamays, que mandamos que valla en todo tempo, a vos don Johan Afonso, dayan, et a as pesoas et coengos do cabidoo da dita nosa iglesia, et a vosos subçessores despois de vos, as nosas capellas anbas a grande et a pequena, que nos ora usamos con todos seus ornamentos et vestimentas et cales et cruses et mantos et pannos et candeeyros et bagoo et capas et costribaldos, et con todas las outras cousas que se con as ditas capelas et en elas usan et posuyen agora con tal condiçon que vos, os ditos dayan et cabidoo, et vosos subçesores aiades et usedes et tennades as ditas capelas et ornamentos sobreditos delas para que os prelados que depois de nos foren enna dita iglesia, quando conteçer et for neçessario que queyran çelebrar et faser algunos sacramentos que a prelado perteeçe faser, os tomen de vos prestados selles prouver para faser et çelebrar os ditos sacramentos, et os ditos prelados et qualquer deles que asi os ditos ornamentos tomaren de vos prestados seian tiudos de os dar et tornar logo a a dita iglesia et a vos, os ditos dayan et cabidoo, et a vossos subçessores, et que algun dos ditos prelados non posa concanbear os ditos ornamentos nen parte deles que assy damos et aneyxamos et apropiamos a a dita iglesia et a vos, os ditos dayan et cabidoo, en nome dela, mays que senpre esten et fiquen enna dita iglesia; et se cada hun dos ditos prelados que pus nos veeren a a dita iglesia ou vosos subsçessores que pus vos en ela veeren, feseren o contrario desto que sobredito he, que aquel ou aqueles que o feseren aian a yra de Deus et a nossa maldiçon et peyten de penna para a fabrica da dita nosa iglesia cathedral triinta mill maravedis, et seia tiudos de tornar et restituyr os ditos ornamentos enna dita iglesia asi entregamente commo llos damos et aplicamos, et pedimos por merçee a a santidade de noso sennor o Papa et a seus delegados que queyran asi guardar a a dita iglesia esta doaçon et aneyxaçon que lle damos et fasemos das ditas capelas et ornamentos delas, et façan exsecuçon a a dita iglesia dos maravedis da dita penna en bee d’aquel ou aqueles que en ela caeren.

Et nos os ditos Johan Afonso, dayan, et pessoas et coengos que presentes estamos por nos et en nome da dita iglesia et de nosos subçesores asi reçebemos de vos, o dito senor obispo, a dita doaçon que nos fasedes dos ditos ornamentos et capelas enna maneira que dita he. Et nos, o dito sennor obispo, asi vos-lo outorogamos.

Et porque esto seia çerto nos, o dito sennor obispo, mandamos-vos dar esta carta seelada con nosos seelo colgado, et por mayor firmidue rogamos et mandamos a Gonçalvo Peres et a Afonso Touron, notarios publicos da nosa çibdade et couto de Lugo, que a signasen de seus signos.

Feyta enno noso lugar de Masoe, primeiro dia de juyo, era de mill et quatroçentos et viinte et hun annos.

Testemoyas que foron presentes: don Johan Afonso, dayan; don Alvar Dias, arçidiago d’Aveancos; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra; don Arias Peres, arçidiago de Deçon; don Pedro Arias, arçidiago de Triacastela; Arias Ferrnandes, Ruy Lopes, coengos; Rodrigo Eanes de Burela; Pedro Afonso de Sande; Garçia Lopes; Pedro Arias, Diego Lopes, porteiros; Lourenço Eanes, clerigo do coro de Lugo; Johan Arias, notario, et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario sobredito, a esto que dito he con o dito Afonso Touron, notario, et con as ditas testemoyas presente fuy, et a pitiçon do dito sennor obispo esta carta aqui fis escrivir et puge aqui meu signnal. (+).

Et eu Afonso Touron, notario publico de çiudade de Lugo por la auctoridade do dito sennor obispo dese lugar et dos coutos et lugares da dita çiudade et de sua iglesia, a todo esto que sobredito he con o dito Gonçalvo Peres, notario sobredito, et testemoyas presente fuy, et de seu rogo et mandado esta carta en minna presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).

Eu Johan Arias, notario, a escripvi por mandado do dito sennor obispo.