GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

437
1388, febreiro, 16
foro

Pedro Álvarez da Fontaíña, escudeiro, afóralles a perpetuidade a Xoán de Xunqueira e á súa muller, Costanza Lourenza, dúas viñas en Pousada por quinta ao señorío e 5 libras a el.

ACOu, Escrituras XII, 73

Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Alvares da Fonteyña escudeiro, teedor da suçison que ordinou don Berald’Afonso arçidiago da igleia d’Ourense que foy, por liçençia e outoridade de Fernan Peres abade da igleia da Triindade vigario geeral do bispado d’Ourense por lo onrrado padre e señor don Pascoal por la graça de deus bispo d’Ourense. Dou e outorgo a foro a vos Johan de Junqueira morador enna rua do Villar que sodes presente e a vosa moller Costança Lourença que non he presente et a todas vosas voses para senpre, duas leiras de viñas que a dita suçison ha e lle perteençe enno lugar hu disen Pousada, que he açerca do castelo d’Ourense, das quaes a huna delas parte con huna de Johan Clerigo da huna das partes et da outra con viña de Garçia Fernandes e con viña de Gonçalvo Lourenço lavrador et en fondo fere enna congostra que vay de Pousada para Piñor, et a outra leira parte con viña que foy de Johan Fernandes das Tendas escrivan que foy et con viña que ora ten Gonçalvo do Regueiro et con viña de Maria Peres moller de Gonçalvo de Chantada et da outra con viña do dito Johan Clerigo et entesta en çima enna congostra do seyxo que vay para o castelo, as quaes vos ia agora teedes a jur e a mao. Aforovos as ditas leiras de viñas por tal pleito e condiçon que as lavredes e paredes bem en tal maneira que non defalescan por mingoa de lavor e de boon paramento et façades das ditas viñas foro de quinta ao señorio et seu desimo a deus et dedes ende a min ou ao teedor que pelo tenpo for da dita suçisson cada anno por dia de San Martiño do mes de novenbro çinqo libras de brancos contado viinte soldos por libra ou a estimaçon deles enna moeda que correr. Et do al que ajades as ditas leiras de viñas livres e quites de todo outro enbargo e encarrego e tributo alguun. Et he posto que se quiserdes vender, deytar ou subpiñorar as ditas leiras de viñas ou parte delas que primeiramente frontedes a min ou ao teedor que pelo tenpo for da dita suçisson et nos las dedes por lo justo preço que outro por elo der, et non nas querendo por ese preço reçeber estonçe as vendede, deytade ou subpiñorade a atal pesoa que seia vosa semelavil que as lavre e pare ben e page e cunpra e agarde as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et para vos anparar e defender senpre a dereito con esto que vos aforo obrigo todos meus beens gaanados et por gañar. Et eu o dito Johan de Junqueira que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente e por todas nosas voses asy reçebemos de vos o dito Pero Alvares as ditas leiras de viñas aforadas para senpre segundo dito he, et para as lavrar e parar ben e pagar e conprir et agardar as condiçoens desta carta e cada huna delas obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Posto foy e outorgado que qual quer de nos as partes que contra esto for ou pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de penna e interese çen mrs. da dita moeda et a dita penna pagada ou non esta carta e as cousas en ela contiudas vallan e fiquen firmes para senpre. Et eu o dito Fernan Peres vigario sobre dito, por quanto soube e soon ben çerto por omes dynos de fe e de crer et outrossy por juramento aos santos avangeos que do dito Pero Alvares reçeby sobre santos en presença deste notario e tests. que esto he prol e boon paramento da dita suçisson, por ende dou poder e liçençia ao dito Pero Alvares para que possa fazer e faça este dito aforamento ao dito Johan de Junqueira enna maneira sobre dita que llo fas, et entrepoño meu degredo ao dito aforamento et mando que valla e aia firmidume para senpre. Feyta carta en Ourense, des e seis dias do mes de fevreiro, anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos et oyteenta e oyto annos. Tests. que foron presentes Vasco Peres escudeiro fillo de Orraca Yanes çidadaan que foy d’Ourense, Gonçalvo Peres da Fonteyña notario d’Ourense et Johan de Souto e Estevoo Lamela clerigos do coro da igleia d’Ourense e Gonçalvo Lourenço do Canpo lavrador et outros.

Et eu Vaasco Martines notario publico da çidade d’Ourense por la ygleia dese lugar que a esto que dito he presente foy e o escrivy et en esta carta que ende dey ao dito Pero Alvares meu nome e meu sinal fis en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Joan de Junqueira de çertas proes que ten en Pousada.