GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

495
1397, abril, 23 (Traslado de 5 de xullo)
testamento

Cláusulas do testamento de Costanza Iáñez, muller do aparellador Lourenzo Pérez.

ACOu, Escrituras II, 35

Enno nomme de deus amen. Sabbean quantos esta carta de testamento viren commo eu Costança Yanes moller de Lourenço Peres aparellador moradora en Ourense no Canpo, seendo doente enno meu corpo de doença qual deus tevo por ben de me dar et temendo deus e a morte que he cousa natural por que todos os do mundo avemos de pasar et por tal que depoys de miña morte non vena contenda entre alguuns sobre meus beens, por ende faço et hordeno delles e de min meu testamento e miña postrimeira voontade valedeira para senpre. Primeiramente mando e dou a miña alma ao meu señor Ihesu Cristo deus padre verdadeiro que a conprou porlo seu santo sangre justo preçioso et roguo e peço aa virgen santa Maria sua madre et a todos los santos e santas da groria do parayso que lle queyran roguar que me perdoe os meus pecados e me aja remiimento aa miña alma. Iten mando enterrar meu corpo no moymento que esta aa porta da igleia cathedral de San Martiño desta çidade d’Ourense descontra a Praça etç. Iten mando aas persoas e coengos da igleia d’Ourense çinqoeenta mrs. et elles que me façan onra em miña sepultura e me façan tanjer os signos etç. Iten mando ao cabidoo da igleia d’Ourense para hun onyversario de huna minsa cantada con suas oras de cada hun anno para senpre dous moyos de viño de lagar para senpre, e dos quaes dous moyos de viño de lagar hun deles ha de pagar Gonçalvo Martines Copado de San Çibraao para senpre et do outro moyo ha de pagar Gonçalvo Yanes ourives morador em Ourense no Canpo seys quartas de viño de lagar asy commo heree de Marina Esteves sua moller que foy et fillos de Lourenço Peres ferreiro que foy seys quartas de beens de Pero Mallo de Fonte Arcada e de sua moller Dominga Mallo que foron hun puçal de viño de lagar et han de pagar cada hun suas defagaduras et non podendo aver o dito viño por os sobre ditos, fasendo o dito cabidoo e seu procurador ou moordomo sobrelo sua deligençia para as aver, que aquello que delo mingoar que se pague por meus beens e asy que o dito onyversario seia conprido senpre etç. Et faço heree deste meu testamento e postrimeira voontade ao dito Lourenço Peres meu marido en aquelo que non ey mandado et faço conpridor deste meu testamento prostromeira voontade a Afonso Fernandes coengo da igleia d’Ourense que o cunpra por meus beens e sem seu dano et mandolle por o afam que tomar en conprir este dito meu testamento çen mrs. da moeda que corre a des diñeiros por mor. E este dou e outorgo por meu testamento e postrimeira voontade para senpre valedeiro, et se outro testamento ou codiçillo aio feito ante deste revocoo e mando que non valla, salvo este que agora faço e outorgo por Afonso Yanes Guiça notario d’Ourense que dou e outorgo por meu testamento e postrimeira voontade valedeira para senpre et se non valuer commo testamento que valla commo codiçillo ou commo outra escriptura publica feyta por maao de notario e autentica qual mellor e mays conpridamente pode e debe valer de dereito. Et quen quer da miña parte ou da estraya que contra este meu testamento e postrimeira voontade veer ou pasar en parte o en todo aja a yra de deus e a miña maldiçon et perca alguna cousa se lla ajo mandada en este meu testamento, et peyte a meus herees e conpridor por nomme de penna quinentos mrs. da moeda que corre a des dineiros por mor. et a vos del rey outros tantos et a penna pagada ou non este meu testamento e postrimeira voontade valla e fique senpre firme. Feyta foy e outorgada esta carta de testamento por a dita Costança Anes em Ourense nas casas en que a dita Costança Anes e Lourenço Peres seu marido moran, viinte e tres dias do mes de abril, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e sete annos. Tests. que para esto espeçialmente chamadas e rogadas presentes foron Roy Tofyño clerigo, Martyn Calveiro, Pero alfayate, Pero Anes lavrador, Afonso Anes, Ares Martines criado do dito Lourenço Peres, Gonçalvo Peres omme de Pero Fernandes coengo d’Ourense e Martyn Afonso escripvan moradores em Ourense e outros.

Este he o traslado das clausollas do testamento da dita Costança Anes, as quaes eu Afonso Anes notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar a pedimento de Gonçalvo Anes Porcallo coengo d’Ourense procurador do cabidoo desse lugar saquey da nota outorgada do dito testamento por a dita Costança Anes por min dito notario et por outoridade de Johan Afonso coengo da dita igleia d’Ourense, vigario geeral do onrrado padre e señor don Pedro porla graça de deus bispo d’Ourense que aas ditas clausolas deu sua liçençia e outoridade e entreposo seu degredo aas ditas clausolas que desse signadas de meu signal ao dito cabidoo que valuesen e fesesen fe cada hu pareçesen asy commo o original do dito testamento pareçendo, o qual traslado das ditas clausolas foy sacado da dita nota, çinqo dias de jullio, anno do naçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e sete annos. Tests. que foron presentes aa dita outoridade Meendo Ares coengo d’Ourense, Pero Anes de Penol, Alvaro Gonçalves clerigos do coro d’Ourense, Martiño Sant Johan. Et aqui meu nome e signal fige en test. de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Clausula do testamento de Costança Eanes moller de
Lourenço Peres aparellador.