GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

74
1310, agosto, 1
doazón

O deán Gonzalo Núñez dóalle ao cabido dous casares para que lle fagan honras fúnebres a el e ao bispo don Pedro (Iáñez de Nóvoa).



ACOu, Escrituras II, 29

Eno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que en presença de min Miguel Peres notario de Ourense e das tests. adeante scriptas o cabidoo de Ourense ju[n]tado por tangemento da canpaan enna costra de cabo San Martiño u acustuman de se os coengos ju[n]taren a cabidoo, presente y don Gonçalvo Nunes dayan enna dita igleia, esse dayan disso que el querendo proveer a alma do bispo don Pero Anes e a sua, que dava e para senpre outorgava en doaçon, a mays firme que pode seer entre vivos, ao dito cabidoo de Ourense e a todos seus suçesores dous casares de herdade que esse dayan a en Fontefria, uun delles e a que chaman de Cacavelos e o outro casar e o que chaman do Loureyro. Deulles os ditos casares a monte a fonte con entradas e seydas e con todos seus dereytos e perteenças, asy commo ora estan aforados. Et obligou todos seus beens para os anparar senpre a dereyto con elles. Et d(eulles) os ditos casares que os aian en jur de herdade para senpre por tal condiçon que o dito cabidoo façan para senpre cada anno uun aniversario en vespera de Santa Cataliña, conven a saber mentre el for vivo que o faça pola alma do bispo don Pero e desque o daian morrer que o façan pola alma danbos e aian do dito aniversario tan ben os presentes commo os ausentes. Et por esta carta os metía en corporal possison delles. As quaes possissoes o dito cabidoo diseron que as recebian e as metian enno comun. Et outorgaron de fazer o dito aniversario. Et logo o cabidoo pidiron ao dito dayan que lles desse o poder que avia de seus yrmaos e commo lle deran o quiñon que y avian. Et el deulles logo o tralado de uuna carta por commo llo os yrmaos deran, da qual eu notario con outoridade do bispo don Rodrigo lles dey o tralado. Esto foy en Ourense, primeiro dia de agosto, era de mill e ccc e xlviiiº annos. Tests. que presentes foron Fernan Peres raçoeyro, Miguel Peres, Johan Peres e Lourenço Peres clerigos do coro, Gonçalvo Namorado porteiro do cabidoo.

Et eu Miguel Peres notario por el rey en Ourense que presente foy e desto por mandado das partes duas cartas partidas por .a.b.c. scrivy e meu signal y puge que he tal.

(sinal)