GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

95
1313, maio, 27
venda

Pedro Martínez, dito Escudeiro, herdeiro do bispo Rodrigo, véndelle ao mestre Xoán de Solbeira, cóengo, os herdamentos que o bispo tiña na freguesía de Santa Cruz da Rabeda por 1213 mrs. de moeda portuguesa.



ACOu, Escituras XXII, 195

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta virem que eu Pero Martines dito Escudeyro çidadao d’Ourense morador enna rua do Pumar, heree do bispo don Rodrigo que foy d’Ourense vendo e entrego logo por esta carta por herdamento para senpre a vos meestre Iohan de Sorveyra coengo d’Ourense e a toda vossa voz todo quanto herdamento o dito bispo don Rodrigo avia en toda a friigesia de Santa Cruz de Raveenda, assy a afforada commo a por aforar, a monte e a fonte con todas suas entradas e seydas e dereituras e perteenças u quer que vaiam, assi que vos e toda vossa voz aiades e pessuayades o dito herdamento en jur de herdade para senpre de desemo a deus e livres e quites de todo outro enbargo. Et outorgo que reçebi de vos por el todo aquel preço que a min e a vos aprouvo, conven a saber mill e duzentos e treze mor. e meo de diñeiros portugueses contado xvi pares de diñeiros por tres mor. Et per esta carta meto vos e toda vossa voz no jur e na possissom e na propriedade do dito herdamento. Et obligo min e todos meus beens gaanados e por gaanar e os beens que foron do bispo sobre dito dom Rodrigo para anparar vos e toda vossa voz a dereito para senpre con o dito herdamento. Et renunçio que non possa dizer que de vos non reçeby o dito preço e que non ey ia en meu jur e en meu poder conpridamente en diñeiros contados. Et quen quer que contra esto veer aia a yra de deus e a mia maldiçom e quanto demandar peyteo a vos ou a vossa voz doblado e a voz del rey de pena lª mor. da sua moeda e esta carta fique senpre firme. Feyta a carta en Ourense, xxvii dias de mayo, era de mill e cccliª anno. Tests. que a esto chamadas e rogadas presentes foron Johan Lourenço, Domingo Eanes capelaens clerigos do coro, Pero Eanes dito Gramedo, Domingo Fachoyrim, Pero Fernandes morador en Santa Marta de Noalla, Johan Dominguez omme de mestre Johan, Fernan Crespo de Seyxalvo.

Et eu Johan Eanes notario publico en Ourense por señor o bispo e polla igleia desse lugar que a esto foy presente e en miña presença o fiz escrivir e en testemuyo de verdade este meu signal y pugy.

(sinal)